O TEMPO, un dereito da xente! O TEMPO, un dereito da xente!

O Banco do Tempo de Dodro (BdT) é unha iniciativa pioneira do Concello que promove o intercambio de servizos por tempo.

No BdT a unidade de intercambio non é o diñeiro habitual senón unha medida de tempo, por exemplo, o traballo por hora. É un sistema de interecambio de servizos por servizos ou favores por favores. Propón a vantaxe de fomentar as relacións sociais, reforzar e ampliar as relacións veciñais e avanzar na igualdade de todas as persoas.