Voluntariado Voluntariado
ÚNETE AO VOLUNTARIADO

A túa colaboración é necesaria, REGALA O TEU TEMPO.

Curso Orientación laboral e emprego dende a acción voluntaria
Está aberto o prazo de inscrición do curso "Orientación laboral e emprego dende a acción voluntaria" en modalidade presencial, incluído dentro do Plan de Formación de Voluntariado 2012.

O curso realizarase en Santiago de Compostela.
O prazo de inscrición estará aberto ata o día 4 de maio ás 14:30h.

Destinatarios:
Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia

Nº de horas: 10

Nº de prazas: 25

Contidos:
• Colectivos en risco de exclusión social e mercado laboral
• Recursos específicos de inserción laboral e emprego
• Voluntariado: Marco xurídico. Ámbitos. Áreas de intervención
• Voluntariado e inclusión social
• Outros aspectos do voluntariado

Modalidade: presencial

Lugar de impartición: Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela
R/Carreira do Conde nº14 - Santiago de Compostela

Data de inscrición: ata o 4 de maio ás 14:30h

Data de realización: 09 e 10 de maio

Horario: de 16:00 h a 21:00 h
Formulario de inscrición.
Inscrición curso Habilidades sociais, traballo coa terceira idade e acompañamento hospitalario 2012 - En liña

Informámosvos de que xa está aberto o prazo de inscrición do curso "Habilidades sociais, traballo coa terceira idade e acompañamento hospitalario 2012".

Esta acción formativa impartirase a través da Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego do 2 ao 31 de maio.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 27 de abril ás 14.30 horas.

Si xa eres alumno da plataforma de teleformación tes que solicitar o curso a través do apartado Acceso alumnos, si non é así tes que cubrir o formulario de inscrición..

Mostrando 3 resultados.