Para vivir en galego (XdG) Para vivir en galego (XdG)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nas novas tecnoloxías || Na familia || Na mocidade || Na empresa || Na sociedade

Recuros lingüísticos (Dep.) Recuros lingüísticos (Dep.)

Desde aquí podemos acceder a algúns avances que nos últimos tempos fixeron da lingua galega unha lingua de futuro e innovación; unha lingua que camiña cara á súa recuperación.

A permanencia das linguas no tempo depende, en gran medida, das ferramentas que as actualizan para achegalas ás novas necesidades. Por iso ofrecemos aquí algúns recursos que hoxe están á nosa disposición para mellorar na escrita da nosa lingua. Esta lingua que é hoxe símbolo da nosa identidade, expresión do noso desenvolvemento económico e social e proxección da nosa imaxe no mundo.

Lugares de interese na Internet Lugares de interese na Internet

Do Facebook e o Tuenti en galego a xogos en liña (PDF)
A guía Os meus favoritos recolle enderezos de sitios web en galego de todo tipo, desde páxinas para comprar orixinais camisolas, até sitios para escoitar a música galega emerxente, para consultar información cultural ou deportiva ou para xogar en rede ao Trivial ou ao Catapalabras. Tamén recolle información sobre como configurar en galego os sistemas operativos, paquetes ofimáticos ou navegadores máis populares ou como usar en galego o Facebook ou o Tuenti.

O galego precisa de internet e internet precisa do galego

O SNL de Dodro ofrécevos este maio unha guía de recomendacións que podedes integrar directamente no voso navegador. Trátase dunha relación de sitios na rede dedicados aos temas e usos máis interesantes. Pretendemos dalos a coñecer e promocionar o seu uso:

- Buscar na Rede

- Prensa

- Cultural

- Libro e saber

- Lingua

- Servizo/Comercio

- Software

- Comunidades/Asociacionismo

- Ocio/Turismo

Para usala só tedes que descargar o ficheiro anexo e importalo no voso navegador Firefox.

Ficheiro Bookmarks.html

Instrucións

1. Ctrl+Maius+O

2. Importar e crear > Importar Html

3. Seguinte > [escoller o ficheiro bookmarks.html onde o teñamos descargado]

Toponimia de Dodro e Laiño Toponimia de Dodro e Laiño

Coa publicación do libro Toponimia de Dodro e Laíño: Os nomes na auga de Manuel Lorenzo Baleirón, o concello conta cunha gran obra de consulta sobre o patrimonio inmaterial do Concello.

Neste libro, publicado pola Administración municipal recóllense máis de 5000 nomes de lugares, predios, camiños, cursos de auga e todo tipo de información histórica, sobre oficios, medio natural e tradicións que foron deixando pegada sobre o territorio.

Constitúe ademais a toponimia de Dodro, coma a de toda Galicia, un auténtico monumento cultural que o Concello se congratula de poder ofrecer e difundir como unha actividade institucional de profundo significado.

O libro ten unha licenza libre para difusión, CC-BY-SA (Creative Commons Recoñecemento-Compartir Igual 3.0 Spain) que permite a copia e modificación, total ou parcial sempre que se cite ao autor orixinal e as copias de traballos derivados empreguen esta mesma licenza.

Libro en PDF

Funcións do SNL Funcións do SNL

O Concello de Dodro, co apoio financeiro da Deputación da Coruña puxo en marcha, en decembro de 2009, o Servizo de Normalización Lingüística, como unidade indispensable no proceso de normalización no ámbito do Concello de Dodro e do país.

As nosas funcións son as seguintes:

Funcións xerais

  • Asesorar a Administración en todo o relacionado coa política lingüística
  • Facer un seguimento do cumprimento da lexislación en materia lingüística por parte da institución e, por tanto, velar para que se lle garantan os dereitos lingüísticos á cidadanía.
  • Colaborar coa Administración para determinar os perfís lingüísticos necesarios en cada un dos postos de traballo e colaborar nas probas e nos procesos selectivos para que se avalíen convenientemente os coñecementos lingüísticos das persoas aspirantes.
  •  

Funcións de dinamización lingüística

  • Planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega seguindo as directrices de política lingüística do organismo.
  • Fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia para a súa repercusión social.
  • Propor programas dinamizadores e actividades concretas que conciencien a sociedade a respecto do uso da lingua galega.
  • Propiciar e xestionar liñas de información e axuda dirixidas á rede asociativa, empresarial e educativa para fomentar o uso do galego.
  • Promover e coordinar grupos de persoas interesadas no proceso de normalización lingüística para que funcionen como axentes normalizadores na sociedade.
  •  

Función de formación (socio)lingüística

  • Planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega, xerais e específicos.
  • Difundir materiais que contribúan á tarefa normalizadora: dereitos lingüísticos, lexislación, recursos lingüísticos etc.
  • Colaborar no deseño de programas de formación non lingüística para garantir a presenza do galego e de contidos favorábeis á mellora de actitudes lingüísticas.
  •  

Funcións de asesoramento lingüístico

  • Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da administración.
  • Normalizar a imaxe lingüística e fixar criterios lingüísticos para a organización.
  • Resolver dúbidas lingüísticas.

Se ten algunha dúbida ou quere coñecer máis polo miúdo as nosas funcións, pode contactar connosco.

 

 

 

Servizo cofinanciado pola Deputación da Coruña