Contido web Contido web

Orografía do Concello

Dodro, orograficamente, é unha zona prelitoral situada na Depresión Meridiana que aproveita o río Ulla ó dirixirse cara a súa desembocadura.

Neste espacio tan pequeno como é o concello de Dodro, coexisten dúas áreas ben contrastadas:

 

  • Unha baixa, coincidindo co Esteiro do Ulla.
  • Outra de tipo montañosa (norte), cunha gran riqueza forestal.
  • Desembocadura do río Ulla, fundíndose coa ría da Arousa:


Na páxina web www.galiciaparaelmundo.com atopamos este impresionante video:

http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=53&video_id=2504&tipo=concello&name_page=Concello+de+DODRO

Contido web Contido web

Brañas de Laíño

   Como chove miudiño,
    como miudiño chove,
    como chove miudiño,
    pola banda de Laiño,
    pola banda de Lestrove.
         
Rosalía de Castro

Antes de Rosalía, xa o Padre Sarmiento, no século XVIII,  nos falou desta terra máxica.

As famosas Brañas de Laíño, aparecen referenciadas no diccionario de Madoz a mediados do século XIX.

Unha natureza que brinda a súa hospitalidade ca súa biodiversidade e o seu valor ecolóxico.

Forma parte do Sistema Fluvial Ulla-Deza, lugar declarado LIC (Lugar de Importancia Comunitaria)

As Brañas son o humidal máis grande de Galicia, e albergan unha gran riqueza ambiental.

Neste humidal aniña unha subespecie da Escribenta das canaveiras,(emberiza schoeniclus subs. lusitánica), especie en extinción.


Tamén se poden ver outra aves amezadas como a Folosa Acuatica (Acrocephalus paludicola)

Encontramos especies raras, como o Picanzo Vermello. E especies comúns como a Garza,Aguía Perdiceira, Gavilán,Vichelocrego, Cardenal…

Medran aquí:


Thalictrum Speciosissimun da que so existen dúas citas na provincia da Coruña.
Scirpus pungens, variedade de xunco da que apenas quedan exemplares.
Herba Salgueira.
Ulmaria, Lirios, Frundio.
Diferentes tipos de Mentas e varias Orquideas.