Contido web Contido web

Ofrenda floral a Eusebio Lorenzo Baleirón

Contido web Contido web

O xurado otorga o premio por unanimidade á obra "Con Gume de folla Humida" autor Isaac Xubín (Isaac Fernández Fernández, nado en 1.978 e natural de A Coruña).

O xurado destaca unha tensión poética mantida ó longo do poemario, que permite a fluidez dos versos de xeito natural, cunha mixtura da lingua, do tempo e da terra. Cabe salientar o amplo bagaxe lingüístico sen exhibicións e naturalidade. Salienta tamén a calidade en xeral das obras presentadas, así como o elevado número, o que pon de manifesto a importancia que este certame ten no ámbito da literatura galega.

Despois do fallo realizouse unha ofrenda floral no Cimenterio de San Xulián de Laiño, onde repousan os restos de Eusebio Lorenzo Baleirón. Na ofrenda leuse un poema de Cesare Parese do seu libro de poemas "Poesie del disamore".



 

Contido web Contido web

 


BASES DO XXIV PREMIO DE POESÍA EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN 2011

1. O Concello de Dodro, para honrar a memoria do seu ilustre poeta e contribuír á promoción da poesía galega, manifestación sobranceira da nosa literatura, convoca a XXIV edición do PREMIO EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN.

2. Poderán concorrer a este certame as poetas e os poetas que o desexen, con cadanseu libro escrito en lingua galega, segundo a normativa vixente.

3. Os poemarios aspirantes ao premio serán de tema e forma libres, cunha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800. Deberán ser orixinais e estar inéditos na súa totalidade, condición que se estende ao soporte dixital. No momento do fallo do certame, non poderán estar presentados a ningún outro concurso.

4. Os participantes deberán enviar 4 exemplares da obra, mecanografados, sen remite identificador, ó seguinte enderezo:

"XXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón"

Concello de Dodro

Tallós, 32

15981 Dodro- A Coruña

5. As obras concursantes deberán ostentar o título e un lema, que tamén figurará no exterior dun sobre que conteña a fotocopia do DNI do autor ou autora, o seu teléfono e enderezo, así como un pequeno currículo literario, no caso de que teña obra publicada.

6. O prazo de presentación das obras remata o día 13 de novembro do ano 2011.

7.A dotación do Premio, único e indivisible, será de 2.300 euros. Se o xurado o considera oportuno, pola baixa calidade dos libros presentados, o premio poderá ser declarado deserto.

8.O xurado será designado polo Concello de Dodro. Formarano o presidente e o secretario –este, con voz e sen voto-, ambos membros da Corporación Municipal, e catro especialistas vencellados á poesía e/ou á crítica literaria. A composición do xurado farase pública cando remate o prazo de admisión de orixinais.

9. O fallo será dado a coñecer nun acto que se celebrará na Casa da Cultura do Concello de Dodro o día 10 de decembro de 2011. A entrega do premio realizarase o día 18 do mencionado mes. As obras non premiadas serán devoltas aos autores que as soliciten no prazo dun mes a contar do día do fallo.

10. A obra galardoada publicarase dentro da Colección de Poesía "Eusebio Lorenzo Baleirón" da Editorial Sotelo Blanco, que se reserva os dereitos de edición. A contía do premio será considerada como un adianto dos dereitos de autoría. O autor ou autora recibirá gratuitamente 25 exemplares.

11. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das bases e a interpretación que delas faga o xurado, non admitíndose recurso contra a decisión que este nas suas funcións adopte."

 

Tel. para máis info: 981 802472