Patrimonio etnográfico: hórreos, cruceiros, pombais e reloxos de sol Patrimonio etnográfico: hórreos, cruceiros, pombais e reloxos de sol

Preténdese dar a coñecer o patrimonio etnográfico do concello de Dodro, ao mesmo tempo que se busca concienciar da súa riqueza patrimonial e da necesidade da súa protección por medio do coñecemento e valoración.

Os elementos patrimoniais foron estudados nun traballo desenvolvido polo concello no 2009-2010, que consistiu no inventariado de elementos etnográficos de Dodro, centrándose, nesa ocasión, en hórreos, cruceiros, pombais e reloxos de sol.

No que respecta aos hórreos, debemos sinalar que se contabilizaron máis de 200 exemplares de máis de cen anos de antigüidade. O tipo que atopamos no territorio municipal é o denominado Maía (característico da zona central de Galicia), sendo de planta rectangular, cubrición a dúas augas de tella do país e mixto (con estrutura de granito e peche de madeira). Os exemplares máis antigos datan da segunda metade do século XVIII, tendo tamén exemplares do século XIX e do XX. Destaca a orixinal concentración de hórreos do lugar da Lavandeira de Imo (San Xián de Laíño), con once hórreos do século XVIII, actualmente restaurados, constituíndo un dos conxuntos de hórreos máis importantes de Galicia.

Canto aos cruceiros, debemos sinalar que se inventariaron un total de 30 (descartando os de construción máis recente), sendo todos do tipo de varal con excepción dun exemplar de cruceiro de capela ou loreto (Cruz de Abelán, San Xoán de Laíño), de 1672. Este último tipo de cruceiros só os atopamos nos concellos pertencentes á península do Barbanza e os situados entre os ríos Ulla e Tambre. Dos cruceiros de varal, os máis antigos datan do século XVIII; a maioría construíronse nos séculos XIX e XX. Hai un só calvario e dous exemplos de cruceiros de parada ou cruceiros con pousadoiro. As tradicións asociadas a estes elementos están dentro dos usos tradicionais que se lles dá en Galicia: parada nos cortexos fúnebres e nos camiños sacramentais; punto de parada en procesións; usos devocionarios con ofrendas e rezos ou lugar enterro de nenos sen bautizar ou abortos.

O pombais contabilizados no concello suman un total de 20, destacando o lugar de Imo (San Xoán de Laíño) con 7 exemplares. Ningún é anterior ó século XVIII, época da construción dos conxuntos arquitectónicos existentes nas casas reitorais, pazos, e casas grandes (como os do Pazo de Lestrobe e do Pazo da Hermida, ambos en Lestrobe, Santa Mª de Dodro). A súa tipoloxía é maioritariamente de planta cilíndrica, con dous exemplos de planta rectangular e un de planta poligonal. As súas cubertas, xeralmente de tella do país, son cónicas, de ferradura, a unha ou dúas augas ou con cuberta poligonal Algúns aínda conservan os buracos interiores para os niños das pombas e a mesa onde se lles botaba o gran.

Finalmente, no que respecta aos reloxos de sol, foron inventariados no territorio municipal 18 exemplares, todos en granito e de diferente factura (circulares, cuadrangulares, con ou sen decoración). Sitúanse maioritariamente en hórreos, a xeito de remate, sendo visibles tamén nas paredes das vivendas, muros de cerre e portadas de entrada ás propiedades. Na súa maioría son verticais ortomeridianos (orientados exactamente ao sur), aínda que hai un exemplar de reloxo de forma cúbica, con tres reloxos: un ortomeridiano e dous meridianos (un cara ó leste e outro cara ó oeste). Dous deles teñen como soporte unha columna, repousando o resto sobre ménsulas ou bases cuadrangulares. Só atopamos un exemplar que tivera visible unha inscrición.

Presentación corrixida en formato PDF

Contido web Contido web

PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO

GRUPOS ARQUEOLÓXICOS

O concello de Dodro esta poboado, polo menos, dende o Neolítico, xa que os vestixios máis antigos atopados datan desta época.

  • Aínda que falta moito por investigar e escavar, si temos constancia de moitos restos prehistóricos:

    • Xacementos:

Xacemento de Riascós (Calcolítico- Bronce). Laíño.

Castros:

Castro de Imo (Casatro). Laíño.

Castro de Traxeito. Laíño.

Castro de Bexo. Laíño.

Castro da Ermida. Santa María de Dodro.

Monte de Xián. Santa María de Dodro.

  •  

    • Mámoas:

A Mina de Balouta (Mámoa). Laíño.

Mámoas de Paradegua M1, M2, M3, M4. Laíño.

 

  • Petroglifos:

Petroglifo de Lomba das Pozas. Laíño.

Petroglifo de A Carga. Santa María de Dodro.

Petroglifo de A Cabaña. Laíño.

Petroglifo de Padronelo. Laíño.

Petroglifo de Padronelo. Laíño.

Petroglifo de Outeiro de Corvos. Santa María de Dodro.

Pedra Redonda. Santa María de Dodro.

Vous/Bouza Abadín. Laíño.

 

  • Época romana:

Veiga de Abaixo (Romano). Laíño.

ARQUITECTURA CIVIL

 

PAZO DA HERMIDA

 

  • Localizado en Lestrobe.

  • Pazo que tivo a súa orixe no século XII coa construción das torres de Lestrobe; Con función defensiva da ría de Arousa.

  • Conserva varios escudos:

    • Brasonado dos Bolaños.

    • De media Lua da familia dos Luaces.

  • Rosalía de Castro residiu, escribiu e tivo aos seus xemelgos. Aínda se conservan as azaleas que ela plantou no xardín.

  • Neste pazo celebrouse en 1930 o chamado Pacto de Lestrobe, que deu orixe a Federación Republicana Galega.

  • Na actualidade é unha casa de turismo rural.

 

 

PAZO DE TARRIO OU LAÍÑO

 

  • Século XVIII.

  • Integrado na zona urbana.

  • Unha capela adosada no lado sur.

  • Situado cerca da chaira que forma a desembocadura do Ulla.

 

 

PAZO DE LESTROBE

 

  • Orixe no século XVI, fundado pola familia dos Queiruga, pasou polas mans da Igrexa, sufriu a desamortización de Mendizábal e múltiples reformas.

  • Mansión de recreo dos arzobispos composteláns antigamente.

  • Fonte no patio de entrada.

  • Século XIX.

  • Poste e tres alturas, coroada por Santiago peregrino.

  • Tamén se chama Pazo Anxo da Garda, xa que é a advocación da capela.

  • No interior da capela consérvase unha impresionante talla a tamaño natural da Dolorosa, obra do escultor Ferreiro.

 

 

 

ARQUITECTURA RELIXIOSA

 

IGREXA DE SAN XOÁN DE LAIÑO

 

  • 1754. Estilo Neoclásico.

  • Igrexa parroquial.

  • Planta dunha única nave dividida en tres tramos por arcos faxóns sobre piares.

  • Ábside cuadrangular, sacristía no lateral.

  • Fachada principal sinxela, co campanario na esquerda.

  • Rodeada por un valado e unha serie de panteóns e nichos.

 

IGREXA DE SANTA MARÍA DE DODRO

 

  • Deseñada no 1719, no ano 1918 reconstrúese.

  • Cruz latina dunha única nave. Ten coro e tribuna.

  • Interior sinxelo, apenas decorado. Conserva retablos barrocos.

  • A fachada principal tamén é sinxela.

  • A portada esta flanqueada por dous pseudopiares coroado por un frontón triangular partido.

  • No interior ten unha ornacilla coa imaxe da virxe.

  • Campanario situado a esquerda.

 

 

 

 

IGREXA DE SAN XÍAN DE LAIÑO

 

  • Século XVIII.

  • Planta de cruz latina (nos documentos atopados din que é rectangular, pero polas fotos parece latina, habería que ir ao lugar para confirmalo)

  • No interior conserva dous altares, dedicados á Redentor e a Virxe dos Dores datan do 1764.

  • Preto atopamos o Muíño de Rial de Lagoa.

 

 

CAPELA DO BO PARTO E DO LEITE

 

  • Pequena capela exenta de planta rectangular e un único corpo.

  • Destaca a fachada principal con trazo neoclásico.

    • Un único corpo.

    • Dúas columnas exentas, sen capitel e con bases cúbicas.

    • Coroada por un frontón.

    • Rematada cun pequeno campanario cunha cruz similar aos cruceiros.

  • En Setembro celébranse as festas no seu honor.

 

OUTRAS CAPELAS

 

  • Capela de San Mauro. (Bexo).

    • En San Xoán de Laíño. Século XVII. Tribuna no interior.

  • Capela de San Xosé (Pazo de Bendaña)

    • Sta. María de Dodro. Non se práctica o culto. Mal conservada.

  • Capela de San Xosé.

    • San Xoán de Laíño.

  • Capela do Santo Anxo ou da Virxe dos Aflixidos.

    • Sta. María de Dodro. Mencionada no pazo de Lestrobe.

 

 

CONSTRUCIÓNS POPULARES

 

HÓRREOS DE RIALIÑO

 

  • San Xián de Laíño.

  • No lugar de Rialiño atopamos varios hórreos ben conservados.

 

POMBAIS

 

  • En outros tempos nesta terra atopábamos multitude de casas grandes e pazos, o seu tempo de lecer, os seus donos adicábano a cría de pombas.

  • Isto queda reflectido na cantidade de pombais que se conserva na actualidade:

    • POMBAIS EN IMO: Aquí atopamos varios pombais de planta circular.

    • POMBAL DO PAZO DE LESTROVE.

    • POMBAL EN PAIZAL: Cuberta en lámina de formigón.

 

MUIÑO DA DEVESA I

 

  • Situado en Agro de Vilos, na parroquia de San Xoán.

  • Destaca o canal de auga elevado.

 

MUIÑO DE LESTROBE

 

  • Boa conservación, cuberta a unha auga.

 

 

MUIÑO DE BUSTELO II

 

  • No lugar de Bustelo, parroquia de San Xoán de Laíño.

  • Bo estado de conservación.

  • Nesta zona poderíase facer unha ruta, A Ruta dos Muíños, xa que hai 6 muíños pretos, o que ocorre e que unicamente este esta en bo estado de conservación, os demais necesitarían rehabilitación.

 

MUIÑO I

 

  • En Manselle, na parroquia de San Xián de Laíño.

  • Ten un canal elevado, bastante ben conservado.

 

FONTE DE MANSELLE

 

  • Na parroquia de San Xián de Laíño.

  • Sitúase por embaixo da rasante á cal accedese mediante unha rampla lousada de pedra.

  • Un so caño. Remate de parte alta de forma circular.

 

FONTE MIMOSEIRA

 

  • No lugar de Lestrobe, parroquia de Sta. Mª Dodro.

  • No muro de entrada a casa do Pichón.

  • O corpo principal esta decorado con columnas e remate moldurado. Pila elevadora.

  • Bo estado de conservación.

 

HÓRREO CON ARCO

 

  • No lugar de Castro, parroquia de San Xoán de Laiño.

  • A peculiaridade é o arco de medio punto no centro.

  • Interesante para promocionar.

 

HÓRREOS DE LESTROBE

 

  • Conxunto de 5 hórreos na zona alta de Lestrobe.

  • Diferentes estados de conservación.

 

HÓRREOS DE IMO

 

  • En Imo, parroquia de San Xoán de Laíño.

  • Forman o conxunto 7 hórreos en perfecto estado, todos orientados norte-sur.

  • Cada un ten diferente número de vans e tipo de soporte.

  • Ao conxunto pertence unha grande praza onde se realizan as festas patronais e un lavadoiro.

 

 

HÓRREOS DE ARRIBA DE IMO

 

  • Conxunto de 5 hórreos.

 

RELOXIOS DE SOL

 

  • Hai varios reloxos de Sol no concello, é algo que se podería potenciar como unha característica turística.

  • Exemplo:

    • En Imo, San Xoán de Laíño.

    • É un pequeno reloxo de sol elevado sobre unha columna situado nun alpendre enfronte da Casa de Aguirre.

 

CRUZ DE AVELÁN

 

  • Situado no lugar da Cruz, en San Xoán de Laíño.

  • É o cruceiro máis antigo de Galicia, datado no 1672.

  • Tres gradas cuadrangulares e unha columna grosa, alzace unha pequena hornacina coroada con unha cruz decorada cun Cristo.

 

CRUCEIRO E PETO DE ÁNIMAS

 

  • Bustelo, San Xoán de Laíño.

  • O cruceiro data do 1893.

  • Conserva unha lenda onde conta que os promotores son 7 homes que prometen construílo antes de partir a Balde para que todo lles vaia ben.

  • No recinto que o rodea era costume enterrar os nenos sen bautizar.

  • Capitel decorado con anxos. Cruz con imaxes da Virxe e de Cristo.

 

CRUCEIRO DE TRAXEITO

 

  • No lugar de Traxeito, San Xián de Laíño.

  • Sobre unha grande pedra que ten un caño de auga.

  • Sen base, o fuste é cadrado en inicio e o final e octogonal.

  • Capitel sinxelo moldurado. A cruz de brazos iguais con imaxes da Virxe e de Cristo.

 

 

 

CRUCEIRO DA ESTRADA LAIÑO ROIS

 

  • Lugar da Igrexa na parroquia de San Xián de Laíño.

  • Atopase nunha zona axardinada e flanqueada por sendas cruces de formigón.

 

CRUCEIRO DE TEAIO

 

 

CRUCEIRO DA IGREXA SAN XIÁN

 

  • Gran decoración a través de volutas, flores, tres imaxes.

  • Un altar a escasos centímetros.

  • A cruz orixinal esta na reitoral.

  • Trasladado, antes estaba no camiño da Banda en Tarrío.

 

CRUCEIRO DE DODRIÑO

 

  • No lugar da Igrexa.

  • Moi sinxelo. Coroado por unha sinxela cruz octogonal sen imaxes.

 

CRUCEIRO DE VIGO