Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
AFLUENCIA DE MOZOS/AS NO OBRADOIRO DE MEDIACIÓN XUVENIL

O xoves 13 de setembro o Concello de Dodro organizou un Obradoiro de mediación xuvenil para a participación que tivo por obxecto a formación en competencias sobre xestión e funcionamento interno de entidades xuvenís e a difusión de elementos potenciadores do asociacionismo e da participación da mocidade.

Esta acción formativa enmárcase dentro do Programa Activa da Consellería de Traballo e Benestar que consta de 4 modalidades enfocadas a temas de especial interese a xuventude e para o seu desenvolvemento persoal, laboral e colectivo, como son as habilidades para a busca de emprego; a participación e o asociacionismo; os recursos existentes para mozos e mozas; e a formación centrada na oratoria.

No obradoiro, que contou coa presencia da Concelleira de Xuventude e Familia, Dona María Fernández Chaves, participaron un total de 18 mozas/os do territorio e a  súa docencia estivo a cargo de persoal da Rede Galega de Dinamización Xuvenil.

 

OBRADOIRO DE MEDIACIÓN XUVENIL PARA A PARTICIPACIÓN

Xunto coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organizase un obradoiro dirixido aos mozas/os de 14 a 35 anosde "Mediación xuvenil para a participación"  o xoves 13 de setembro ás 19h nas aulas da Paxareira.

As inscricións deben realizarse na Omix ou no teléfono 981 802 472 ata o 7 de setembro.

APOIO E ASESORAMENTO ÁS ASOCIACIÓNS XUVENÍS

A Dirección Xeral de Xuventude crea un servizo gratuito de Apoio e Asesoramento ás Asociacións Xuvenís.

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

Axudas para a adquisición de libros de texto e matrial didáctico para o curso escolar 2012/2013 convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

SACA O CARNÉ XOVE

Saca o carné xove si tes entre 12 e 30 anos. Ven á Oficina Municipal de Información Xuvenil (sita na Casa da Cultura) de 9 h a 14 h e de 16 h a 19 h.

Mostrando o intervalo 6 - 10 de 13 resultados.
Resultados por páxina 5
de 3