Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)
IV CONCURSO DE VIÑETAS - Pola igualdade real

A Deputación provincial de A Coruña convoca o IV Concurso de viñetas "Pola igualdade real". O prazo de presentación remata o 8 de abril de 2013. Máis información na OMIX.

BOLSAS PARA CURSOS DE IDIOMAS NO ESTRANXEIRO

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca bolsas para cursos de idiomas no estranxeiro. Prazo se solicitude ata o 6 de abril de 2013. Máis información na OMIX sita na Casa da Cultura.

AXUDAS PARA ESTUDOS UNIVERSITARIOS POR CAUSA SOBREVIDA

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria convoca axudas para estudos universitarios por causa sobrevida. O prazo de solicitude ata o 1 de setembro.

Máis información na OMIX.

REMATOU O CURSO DE INICIACIÓN A GLOBOFLEXIA

O sábado 16 de marzo celebrouse o curso de Iniciación a globoflexia que organizou gratuitamente a Oficina municipal de información xuvenil de Dodro, no que participaron 15 mozas/os de entre 15 a 30 anos.

Os participantes recibiron un diploma acreditatio do concelleiro de obras, Maximino Rodriguez Borrazás.

PLAN DE FORMACIÓN DE VOLUNTARIADO 2013

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca cursos presenciais e en liña dentro do Plan de Formación de Voluntariado 2013. Máis información na OMIX do Concello.

Mostrando o intervalo 1 - 5 de 13 resultados.
Resultados por páxina 5
de 3