DÍA DA MULLER 2.017 DÍA DA MULLER 2.017

Celebramos o Día Internacional da Muller este ano co lema Qué é ser muller?

E ninguén mellor para explicalo que os nenos. Nolo explican neste precioso vídeo os nenos e nenas das escolas unitarias do CRA. Motas grazas a todos!

Rematamos o acto coa actuación de Stephanie Llaryora e unha merenda.

Podedes ver o vídeo pinchando enriba da foto:

DÍA DA MULLER 2.016 DÍA DA MULLER 2.016

Con motivo do Día Internacional da Muller homenaxeamos a voluntarias de Dodro polo seu traballo e a súa labor desinteresada.

As sorprendidas homenaxeadas recibiron un lienzo como recordo do día, disfrutamos da actuación de Isabel Risco e rematamos cunha merenda.

Para o recordo de todos queda este vídeo que podedes ver pinchando na foto.

Moitas grazas a todas!

DÍA DA MULLER 2.015 DÍA DA MULLER 2.015

Celebramos o Día Internacional da Muller cun acto enmarcado dentro das actividades da  concelleríra de servizos sociais e igualdade.

Douse lectura a unha poesía escrita por unha veciña da aldea de Reboiras escrita especialmente para conmemorar este día e presentouse un orixinal vídeo titulado MATRIARCAS DE DODRO realizado por mulleres de Dodro de distintas idades cun tema de Guadi Galego.

Rematamos coa actuación de Pepo Suevos, un agasallo para todas as mulleres e unha merenda.

Pinchar encima para ver o vídeo:

 

DÍA DA MULLER 2.014 DÍA DA MULLER 2.014

Hoxe as Mulleres de Dodro celebramos este día e PRESENTAMOS a composición realizada con máis de 140 fotografías de mulleres de Dodro de todas as idades e de todas as parroquias que voluntariamente cederon a súa imaxe para este traballo.

Queremos darlles as gracias a todas elas e ás 1.345 mulleres de Dodro... porque esta homenaxe é para todas elas.

Este lienzo quedará colocado permanentemente na casa do Concello.

HOMENAXE Á MULLER DE DODRO 2.013 HOMENAXE Á MULLER DE DODRO 2.013

O Concello de Dodro con motivo do Día internacional da muller rendeu hoxe HOMENAXE Á MULLER DE DODRO.

O acto, moi concorrido, celebrouse ás 17 h no Salón de Plenos do Concello e estivo presidido polo alcalde Valentin Alfonsín e a concelleira de servizos sociais e igualdade Marisol Boga.

Comezou coa presentación á veciñanza do Protocolo municipal contra a violencia de xénero para continuar coa homenaxe a catro veciñas de Dodro e que ata ese momento descoñecían que ían ser homenaxeadas e se achegaron ao concello coa complicidade de familiares.

A historia da vida de cada unha de elas foi narrada por un familiar achegado vivíndose momentos de moita emoción.

A vida destas mulleres que recibiron este merecido recoñecemento e que por distintas circunstancias foron e seguen sendo "o pilar dunha familia", quedará xa para sempre plasmada nuns lenzos que despois deste acto estarán expostos no Concello. As homenaxeadas recibiron unha réplica do lenzo, diploma e ramo de flores.

O acto rematou coa narradora Charo Pita e todas as mulleres recibiron un agasallo.

A Esperanza Citoula Fabeiro de Traxeito, a Josefa Agrasar Diz de Revixós, a Mª Isabel Francisco Saborido de Traxeito e a Felisa Rey Lorenzo de Bexo, MOITAS FELICIDADES por esta merecida homenaxe.

Exposición das mulleres emprededoras 2.012 Exposición das mulleres emprededoras 2.012

O pasado día 8 con motivo do Día Internacional da Muller, realizouse unha exposición das mulleres emprendedoras dos últimos tempos e se homenaxeou a 14 mulleres de Dodro.

O acto, moi concorrido, celebrouse no salón de plenos do concello de 17h a 21h. As homenaxeadas recibiron un pequeno agasallo e relataron a súa vida e o seu traballo. As asistentes ó acto tamén tiveron un agasallo en recordo de este día.

Entre as homenaxeadas se encontraban dúas mozas en representación das novas xeracións de Dodro:

Iolanda Eiras Moreiras, escritora e músico e Trinidad Romero Ferreirós, pintora.

O resto das homenaxeadas por unha vida dedicada o seu traballo foron:

Mª Josefa Pérez Fariña, rosquilleira

Eva Castro Lavandeira, floristeira

Mª Milagros Romero Tourís, coidadora de familiares dependentes

Mª Urbana Ferro Reboiras, carteira

Inés Angélica Rodríguez Boga, coidadora de dependentes

Obdulia Reboiras Tourís, ama de casa e labradora

Mª Dolores Franco Bondad, perruqueira

Marina Boga Ramallo, operaria de fábrica

Dolores Moreiras Rodriguez, costureira

Rosa Baleirón Tubio, traballadora do campo

Ramona Romero Rey, emigrante

Leonor Fernández González, mestra.

No transcurso do acto leouse unha declaración con motivo da celebración do Día Internacional da Muller.

 

 

 

 

 

DECLARACIÓN CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO 8 DE MARZO DE 2012

                      DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

 

Hoxe 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional das Mulleres, unha data na que reflexionamos sobre o longo camiño percorrido durante a historia para conseguir a igualdade entre mulleres e homes e os pasos que aínda se teñen que dar para continuar avanzando neste obxectivo.

A Constitución Española recolle no seu artigo 14 a igualdade entre os cidadáns e cidadás, ao establecer que "os españois son iguais ante a lei sen que poida prevalecer discriminación ningunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social".

Nunha situación como a que vivimos nestes últimos anos, cunha profunda crise económica e social, o noso compromiso pola igualdade debe ser máis firme que nunca, multiplicando os nosos esforzos para conseguir o progreso laboral e social das mulleres, traballando pola eliminación dos obstáculos que limitan aínda a súa participación e o aproveitamento de todo o seu talento.

Con motivo do 8 de marzo, queremos manifestar a nosa vontade de traballar decididamente polo recoñecemento das capacidades e valía das mulleres e polo seu dereito a participar de xeito igualitario en calquera ámbito de actividade, potenciando todas aquelas accións que melloren a compatibilidadeda vida familiar, persoal e laboral, ao ser conscientes de que seguen existindo moitos obstáculos para desenvolver unha vida persoal e familiar harmónica e unha actividade profesional plena, e que estes obstáculos afectan particularmente ás mulleres.

 

 

Así mesmo, reafirmamos o noso convencemento en que a achega das mulleres á solución da crise será decisiva e fundamental, polo que redobraremos os nosos esforzos para conseguir o impulso da súa presenza no mercado de traballo, traballaremos para conseguir a igualdade salarial e apoiaremos as súas iniciativas empresariais, cunha especial atención ás mulleres que viven aqui no ámbito rural. Do mesmo xeito, nos comprometemos a seguir traballando para a definitiva eliminación de todas as formas de violencia contra as mulleres, moi especialmente a violencia de xénero, un dos máis graves males da nosa sociedade.  No difícil e complexo momento que vivimos, os nosos esforzos teñen que estar tamén ao lado das mulleres en maior situación de vulnerabilidade, moi especialmente as mulleres soas que son únicas responsables das súas familias.

Queremos ademais facer extensible este compromiso a toda a veciñanza para que, conxuntamente, poidamos camiñar cara a unha sociedade máis respectuosa, tolerante, democrática e próspera, con oportunidades para todas as persoas, sen que existan diferenzas entre mulleres e homes.