A formación do Concello de Dodro A formación do Concello de Dodro
 
Poboación actual Poboación actual

 

Breve historia Breve historia

Os primeiros vestixios de asentamentos de poboación nas terras do concello son as catro mámoas da Paradegua na aldea de Bexo, que datan do Neolítico, o petróglifo de Bouza Abadín en Imo, datado na Idade de Bronce. En canto á cultura castrexa coñécese o emprazamento de varios castros no concello, aínda que o máis destacable sexa o de Imo.

É no século XVI cando comeza o asentamento de varias familias nobres en Dodro: Ballesteros, Bendaña... ; asi o reflicten os documentos sobre preitos, e as construccións realizadas como son os pazos de Hermida, Vigo e Tarrío.

Durante a Idade Moderna, as parroquias que o integran estaban divididas en dúas xurisdiccións a de Lestrobe e Dodro e a de Rianxo todas pertencentes á provincia de Santiago.

Cando se instauran os novos concellos constitucionais, crearonse os concellos de Lestrobe e Laiño no partido xudicial de Padrón y en 1823 foron disoltos.

O 7 de xuño de 1836, o concello de Padrón divídese en dous, formando unha nova administración local chamada Dodro que integra as parroquias de Santa María de Dodro, San Xián de Laíño e San Xoán de Laíño, dende aquela data o concello mantivo a mesma delimitación e configuración actual, e malia que sufríu varios intentos de supresión e incorporación ó de Padrón, nunca chegaron a producirse.

O feito importante para Dodro foi o Pacto de Lestrobe, xuntanza política no Pazo de Hermida en 1930 que acudiron representantes (entre outros Santiago Casares Quiroga) dos diversos partidos e agrupacións republicanos, que acordaron a creación da Federación Republicana Galega (FRG), que tiña como obxectivo principal loitar pola autonomía para Galicia

Persoeiros Persoeiros

Rubén Gómez Rial: Nado en Teaio (Dodro) no 1997, campión do mundo de maratón (Roma, 2011), actualmente adestra no Centro de Tecnificación de Compostela.

Uxío Abuín: Nado en Lestrobe (Dodro) o 14 de Maio de 1991, campión do mundo de Duatlón (Edimburgo, 2010), actualmente e desde hai 3 anos adestra no Centro de Alto Rendemento de Madrid.

Luís Aguirre del Río: (Lestrobe 1839 - Compostela 1866), foi o creador do primeiro dicionario galego -castelán, que quedou inédito ata o ano 2007. A  súa figura e obra Luís Aguirre. Poesía completa (2007) quedou recollida nun libro publicado por Avelino Abuín de Tembra, tamén dodrense .

Fortunato Cruces Angueira: (Lestrobe 1870 - Bos Aires 1961), escritor, xornalista e animador do galeguismo en Bos Aires, foi un dos impulsores da Biblioteca América.

Moncho Reboiras: (Imo 1950 - Ferrol 1975) foi un militante nacionalista galego, membro da UPG. Asasinado pola polícia franquista no ano 1975. No 2009, en cumprimento da Lei de memoria histórica, recoñécese que padeceu "ilexitimamente persecución e violencia" pola súa defensa do movemento sindical e a súa militancia política nacionalista.

Eusebio Lorenzo Baleirón (Tarrío 1962-1986), renovou como poucos o panorama poético e literario galego dos anos 80. No seu honor, o Concello instituíu un premio de poesía que leva o seu nome.

Manuel Lorenzo Baleirón (Tarrío) É Profesor de historia e autor entre outras obras de Toponimia de Dodro e Laíño, os nomes na auga (2010)

Avelino Abuín de Tembra (San Xoán de Laiño 1931- Compostela 2009) Presidente do Padroado do Pedrón de Ouro e destacado galeguista. Colaborou en numerosas publicacións xornalísticas galegas e na Radio Galega onde durante moitos anos dirixiu e presentou un programa dedicado ás bandas de música. Escribiu os poemarios "Camiños",  "Home ao pairo" e "Roldas de Compostela" . Elaborou algunhas das máis destacadas antoloxías sobre a obra de Rosalía de Castro. Promoveu o premio de poesía "Eusebio Lorenzo Baleirón".

Xosé Ramón Brea Rei (Taragoña , Rianxo 1955) residente desde 1955 en Bexo; escritor, investigador galego é colaborador dos xornais La Voz de Galicia, El Correo Gallego e outras publicacións de ámbito local.

Anxo Angueira (Manselle, 1961- ) é profesor de lingua e literatura galegas. Publicou diferentes ensaios e artigos de investigación literaria. Como poeta publicou: "Val de Ramirás" (1989); "O valo de Manselle" (Xerais 1996); "Libro da Vertixe" (1997), premio de poesía Xosé Mª Díaz Castro e "Fóra do sagrado" (Xerais 2007). Como narrador publicou o libro de relatos "Bágoas de facer illas" (Premio Café Dublín 1996, Xerais 1997) e as novelas "Pensa nao" (Premio Xerais de Novela 1999, Xerais 1999) e "A morte de A." (Xerais 2003). Publicou, ademais, o libro de viaxes "Terra de Iria" (2003), "Que lle podo ofrecer a quen me intente? (2011), monográfico sobre o poeta Lois Pereiro (Letras Galegas 2011).

Ramón Fernandez Reboiras (Tallós 1961), xornalista e escritor que desenvolve postos de xefatura en diferentes medios.