Cabalgata de Reis 2.013 Cabalgata de Reis 2.013

As SS.MM os Reis Magos chegaron a tarde de hoxe a Dodro sobre as 5 da tarde nunha carroza que percorreu o Concello repartindo caramelos.

O percorrido rematou na Praza do Concello onde os Reis Magos realizaron a ofrenda ao Neno Xesús e posteriormente foron recibidos polo alcalde.

As SS.MM recibiron a todos os nenos/as que esperaban ansiosos para facerlles as súas peticións para esta noite máxica e entregáronlles agasallos. Houbo chocolate con churros para todos, globos e moita ilusión.

Cabalgata de Reis 2.012 Cabalgata de Reis 2.012

Celebrouse en Dodro por primeira vez o desfile da Cabalgata de Reis na tarde do 5 de xaneiro.

As súas maxestades antes de iniciar o percorrido, visitaron ós maiores do Centro de Día de Dodro acompañados pola concelleira de servizos sociais e igualdade. Os maiores recibiron con aplausos e algúns con bagoas moi emocionados os Reis Magos, que lles agasaron con chocolatinas, caramelos e moitos bicos.

Ás 5 da tarde a comitiva partiu do Polideportivo municipal percorrendo distintas aldeas do concellorematando o recorrido na Praza do Concello onde os Reis Magos foron recibidos con aplausos e moita ilusión dos nenos e maiores que agardaban a súa chegada.

Foron recibidos polo alcalde e realizaron a ofrenda ó Neno Xesús para continuar coa recepción de todos os rapaces que agardaban impacientes ós que lles deron agasallos e escoitaron as súas peticións. Mentres, nenos e maiores disfrutaron dun chocolate quente e churros.