Actualidade en xuventude e familia Actualidade en xuventude e familia
AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DO CARNÉ DE CONDUCIR

A Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, pon ao teu alcance a obtención do carné de conducir. O prazo de solicitude está aberto ata o 1 de outubro de 2013. Más información na OMIX na Casa da Cultura.

CAMPAMENTOS VERÁN 2.013

Campamentos de verán 2013 para nenos/as nacidos a partir de 1995 ata o 2004 organizados pola Consellería de Traballo e Benestar. Máis información na Omix na Casa da Cultura. Prazo de inscrición ata o 17 de abril.

AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO VERÁN 2.013

Convocadas axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras no verán 2013 pola Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria en Canadá, Reino Unido, Francia e inglés en Galicia según o curso que se estea a cursar.

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no DOG do 29 de xaneiro as probas para a obtención do título da ESO para maiores de 18 anos.

REMATARON AS CLASES DE REFORZO DE VERÁN

O día 31 de agosto remataron en Dodro as clases da Aula de Reforzo Educativo de Verán, proxecto cofinanciado polo mesmo Concello e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, que tiña por obxecto a prevención e redución do abandono escolar dos menores que cursan a ESO. 

         Na experiencia participaron un total de 15 escolares que durante os meses de xullo e agosto asistiron o colexio Eusebio Lorenzo Baleirón  tanto para preparar as materias nas que tiñan dificultades de cara as probas de setembro como para aprender técnicas de estudo que mellorasen o seu rendemento académico. A aula contou ademais cun servizo de titorías e de orientación e asesoramento ás familias dos menores. 

         No acto de clausura da actividade o Alcalde de Dodro, D. Valentín Alfonsín Somoza, realizou unha entrega de diplomas e destacou a importancia da constancia no traballo así como o valor dunha boa formación, animando ás/ós participantes a resolver con éxito ás vindeiras probas académicas.

Mostrando o intervalo 1 - 5 de 42 resultados.
Resultados por páxina 5
de 9