No día de onte, o Concello de Dodro finalizou a limpeza dos regos de Manselle e Imo que desembocan no río Ulla. Por primeira vez en moitos anos pódese ver o cauce destes regatos, que prácticamente estaban desaparecidos a causa da acumulación de terra e a falta de limpeza. Paseando polo rego de Manselle se chega ata escasos metros do río Ulla, cousa que ata onte era unha misión case que imposible. No rego de Imo, houbo de facerse de novo o rego, xa que aínda que estaba planificado e recollido nos planos de parcelaria, nunca chegou a facerse.
Ca limpeza destes dous regatos cúmprese o compromiso do Concello de Dodro de finalizar a obra iniciada o ano pasado. En total foron máis de 1.200 metros de cauce o que foi limpado, para o que se contou ca colaboración da Demarcación de Costas que financiou a obra, o servizo provincial de Medio Ambiente da Xunta de Galicia así como de Augas de Galicia, que en todo momento facilitaron a realización das labores necesarias.
Ca recuperación dos cauces destes dous regatos, iniciase unha fase de recuperación das Brañas de Laíño para disfrute de todos aqueles que gustan da natureza, e por outra banda, evítase a creación de zonas pantanosas que cada ano se iban incrementando, facendo prácticamente imposible o acceso peonil.
