Actualidade en Servizos Sociais e Igualdade Actualidade en Servizos Sociais e Igualdade
Charlas sobre Testamentos e particións de herdanzas e Prevención na 3ª idade dos riscos no consumo de medicamentos e outras sustancias

AMODIÑO.DODRO/2011

Curso formativo para coidadores/as de persoas en situación de dependencia

Curso formativo: "Técnicas específicas de atención persoal a pacientes dependentes: Hixiene, Aseo e Coidados Sanitarios"

Para coidadores/as de persoas en situación de dependencia.

Lugar: Na Paxareira do 5 de setembro ata o 8 de outubro.

Prazo de inscrición ata o 31 de agosto inclusive nas oficinas de Servizos Sociais de 9h a 14h

Gratuito. Prazas limitadas.

 

Talleres de MEMORIA e ALFABETIZACIÓN DE ADULTOS

A Concellería de Servizos Sociais do Concello organiza os Talleres de Memoria e Alfabetización de adultos.

Rrealizaranse polas tardes en Bexo, Imo, Lestrobe, Tallós, Teaio, Traxeito e Vigo para persoas maiores de 60 anos empadroados/as e/ou residentes no Concello de Dodro. 

O horario definitivo publicarase na semana do 12 de setembro.

Prazo e lugar de inscrición:

Ata o 9 de setembro nas oficinas de Servizos Sociais de 9h a 14h (teléfono: 981 802 466) 

Comezo dos talleres:

O 19 de setembro

Axudas á escolaridade curso 2011-2012

O Concello convoca Axudas á Escolaridade para o curso 2011-2012 para menores escolarizados nos cursos de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria (ESO) e post-obrigatoria (garantía social). Os menores deben residir e estar empadroados no concello.

PRAZO DE SOLICITUDE:

Do 16 de agosto ao 2 de setembro (ambos incluídos)

Conceptos subvencionables:

-Alimentos infantís e comedor escolar

-Material escolar

-Actividades extraescolares

Información e Tramitación:

981 802 466 (de 9h a 14h)

Mostrando o intervalo 131 - 135 de 198 resultados.
Resultados por páxina 5
de 40