Actualidade en Servizos Sociais e Igualdade Actualidade en Servizos Sociais e Igualdade
Un día diferente para as persoas dependentes

A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Dodro dentro do novo programa "Amodiño.Dodro/2011" organizou unha excursión o pasado 17 de setembro para persoas dependentes, coidadores e persoas con problemas de mobilidade á praia Pedras Negras de San Vicente do Mar, á Toxa, O Grove e Cambados. A excursión tivo unha grande acollida entre a veciñanza e contou cunha alta participación.

Estiveron acompañados en todo momento, para prestarlles a axuda que precisaron dos coidadores, monitores e persoal do concello.

É a primeira vez que en Dodro se organiza unha excursión para este colectivo e os dependentes gozaron moito desta saída agradecendo a súa organización, xa que algúns había anos que non saían das súas casas.

Puideron gozar da praia e algúns deles realizaron algúns exercicios acompañados dun monitor e pasearon pola illa da Toxa visitando a fábrica de xabóns.

Compartiron entre charlas unha animada comida no Grove e pola tarde gozaron dun paseo en Cambados e un descanso nas terrazas. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade séntese satisfeita de traerlles "un día diferente" a estas persoas, da grande acollida deste programa e do agradecemento e satisfacción que demostraron tanto os dependentes coma os coidadores. Organizará ao longo do ano e dentro deste programa diversas excursións e saídas lúdicas para eles.

As charlas sobre herdanzas e particións tiveron unha boa aceptación entre os veciños

O pasado venres 16 celebrouse na Paxareira unha charla organizada pola Concellería de Servizos Sociais e Igualdade sobre "Testamentos e Particións de Herdanzas" á que acudiu a Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade Marisol Boga Grela.

A charla tivo grande aceptación entre a veciñanza e os asistentes tiveron oportunidade despois da charla de realizar infindade de preguntas relacionadas co tema; finalizou cun coloquio entre os participantes.
 

Talleres de alfabetización e memoria

Horario actualizado (26/09/2011)

Xornada de respiro para os e as coidadores de persoas dependentes

DESTINATARIOS/AS: Coidadores/as de persoas dependentes. No caso de non ocupar a totalidade das prazas poderán optar a estas toda a poboación adulta interesada.

LUGAR: Balneario TERMAS DE CUNTIS.

DATA:Venres, 23 de setembro de 2011.

HORARIO:Saída de Dodro ás 15,00h e regreso aproximado ás 20,00h.

CUSTO: A entrada do balneario correrá a cargo dos/as participantes: 13,50€/persoa que se abonará o mesmo día da viaxe.

INSCRICIÓNS: no Departamento de Servizos Sociais ata o mércores 21 e setembro de 2011 (inclusive)
 

A Concellería de Servizos Sociais anuncia a actividade de Risa e Movemento Creativo

Risa e Movemento Creativo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Se tes máis de 60 anos, e queres coidarte ao tempo que te divirtes....

Ven e.. ¡móvete de risa CONNOSCO!

Onde?

       no local municipal do Centro de Día de Dodro
Cando?

        tódolos luns de 16:30 h. a 18:00 h. da tarde

Cantos?

        15 prazas dispoñibles

Inscricións en: Servizos Sociais de Dodro

¡¡Comezamos o 26 de setembro!!

Organizado polo Centro de Día en colaboración co coa Concellería de Servizos Sociais
 

Mostrando o intervalo 131 - 135 de 204 resultados.
Resultados por páxina 5
de 41