Actualidade en Servizos Sociais e Igualdade Actualidade en Servizos Sociais e Igualdade
AMPLA PARTICIPACIÓN NA ACTIVIDADE INTERXERACIONAL NO CPI

O pasado 15 de maio co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, celebrouse no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón unha actividade interxeracional organizada conxuntamente pola Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e o CPI.

Nesta actividade participaron alumnos de primaria e ESO do CPI e participantes dos talleres de memoria e alfabetización do concello.

As participantes dos talleres de memoria relataron o contacontos “Historias dunha vida” realizado por elas na que relataban a vida na súa mocidade.

Pola súa banda os mozos/as relataron a forma de vida que eles teñen agora, deixando palpable as grandes diferenzas entre unha etapa e outra.

A actividade continuou cunha chea de preguntas que realizaron tanto os alumnos da ESO como os de primaria ás mulleres alí presentes, a maioria delas referidas á forma de vida na súa mocidade.

Ao rematar os alumnos da ESO entregaron uns agasallos ás participantes.

EXPOSICIÓN - CARTAS DE AMOR -

Dende o 20 ata o 31 de maio o alumnado do C.P.I. Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro poderá desfrutar da exposición “Cartas de Amor”, coa que o Concello xunto coa Secretaría Xeral de Igualdade, pretende sensibilizar á poboación máis xoven e facer reflexionar aos e as adolescentes sobre a existencia de violencia nos modos de relacionarse, contribuir a detectala e, polo tanto, a eliminala.

Trátase dunha mostra do cómic galego coa temática de violencia de xénero, con debuxos de artistas como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, Pirusca, José Luís Méndez, Jack Mircala ou Xabier Olivares.

CONVOCATORIA AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL 2.013

Para ver a convocatoria: Servizos sociais - Información de interese.

REMATE DO CURSO DE DINÁMICAS ACTIVAS E TÉCNICAS NA PREVENCIÓN DE DEPENDENCIA

Rematou o curso de dinámicas activas e técnicas de prevención de situacións de dependencia que tiveron unha duración de 15 horas e nas que participaron 20 veciñas/os. Os obxetivos destas dinámicas eran reducir a tensión física e mental, previr doenzas e conseguir benestar físico.

As/os participantes recibiron un diploma acreditativo de mans do alcalde e da tenente de alcalde.

A ESCOLA INFANTIL VISITA O CENTRO DE DIA

As/os nenas/os da Escola Infantil visitaron o pasado mércores aos maiores do Centro de Día. As/os nenas/os cantaronlle unha canción, compartiron xogos, e intercambiaron agasallos. Os cativos agasallaron aos maiores cuns abanicos e os maiores agasallaronos cunhas orixinais viseira. Na actividade estiveron presentes as directoras da Escola Infantil e do Centro de Día de Dodro e o alcalde Valentin Alfonsín e a concelleira de servizos sociais e igualdade Marisol Boga.

Mostrando o intervalo 1 - 5 de 199 resultados.
Resultados por páxina 5
de 40