« Volver a Visita Dodro

Lugares fermosos de Dodro

Vista combinada Visión plana Vista de árbore
Discusións [ Anterior | Seguinte ]
Lugares fermosos de Dodro
Resposta (Unmark)
14/09/10 8:36
Como ninguén estreou aínda este foro vouno facer eu.
Dodro ten moitos lugares fermoso, pero eu, como bo bexense, voume quedar cun lugar situado na aldea de Bexo, o castro ou Murallas de Bexo, que garda poucos restos pétreo do antigo castro, pero que si ten unhas excelentes vistas da ría de Arousa e de todo o entorno, nun radio moi amplo; incluso se di que antes, cando non había tantos eucaliptos, nun día despexado se podían ver as torres da catedral de Santiago. As Murallas sitúanse no alto de Bexo, moi preto da estrada AC-305, pasando unha pista asrfaltada moi preto del. O camiño está bastante mal, e hai moito mato no seu interior, pero a visita paga a pena.