O DEPARTAMENTO DE DEPORTES

O Departamento de Deportes está encadrado na Concellería de Deportes. O seu cometido é promocionar a práctica de actividade física entre a poboación de Dodro.
Para acadar este fin, pon en marcha os mecanismos necesarios para chegar a todos os colectivos, con programas de actividade física, colaboración co asociacionismo deportivo local e deportistas locais, promoción dos equipamentos municipais e asesoramento en materia deportiva á cidadanía.
  
"Departamento de Deportes"
Pavillón Polideportivo Municipal
Tallós s/n 15982 Dodro
Tel: 981.80.25.32
Fax: 981.80.21.42
 
E-mail: deportes @ concellodedodro.org
Obxectivos e proceder do Departamento
 
Os obxectivos que se perseguen son cuantiosos, pero pódense aunar nos que seguen:
 
  • Promocionar e fomentar a práctica deportiva e de actividade física entre a poboación do Concello, independentemente da súa condición física, idade, sexo ou situación social.
 
  • Contribuír á mellora da calidade de vida das persoas que participen nas actividades.

 

O proceder do Departamento para acadar os obxectivos citados estructurase do seguinte modo:

 

Programas de actividade física municipais.

Elaboración e consecución dun conxunto de dilixencias encamiñadas a satisfacer as necesidades da poboación, atendendo ás diferentes franxas de idade, segmentos e posibilidades de práctica. Colaborando cos entes deportivos do concello para non solapar as accións e conseguir un maior aproveitamento dos recursos.
Xestionar o deporte en idade escolar.
 

Colaboración co asociacionismo privado local.

Prestando axuda mediante convenios para a cesión de instalacións e servizos deportivos. Proporcionando medios materiais e humáns para o desenrolo das súas actividades. Poñendo á disposición subvencións para os clubes deportivos e asociacións. Actuando o Departamento de Deportes como un aliado do asociacionismo privado local para conseguir que o deporte chegue a todos os dodrenses.
 

Colaboración cos deportistas locais.

Sendo un orgullo para este municipio contar con deportistas que compiten no alto nivel ou están no camiño para conseguilo, ponse á súa disposición unha convocatoria de subvencións destinadas a axudas a deportistas destacados e de élite de Dodro. Ademáis de asesoramento en materia deportiva.
 

Promoción dos equipamentos municipais.

Fomentar o uso das instaslacións, servizos, dotacións e materiais deportivos cos que conta o concello.
Levar a cabo o mantemento que require cada equipamento así como velar pola súa conservación.
Planificar a rede deportiva de Dodro mediante ampliacións, reformas ou construccións 
 

Outras funcións.

Colaborar coa administración provincial e autonómica.
Asesorar en materia deportiva ós clubes, deportistas e cidadáns do concello.