Roteiros no Concello de Dodro
| Roteiro Circular da Cruz de Abelán | |
| Tipo: Circular Distancia: 7,65 km. Tempo medio: 2h 15min. Dificultade: Media - Alta | Cota inicial: 192m. Cota máxima: 242m. Cota mínima: 121m. Diferenza de cota: 121m. Pendente máxima: 21% |
| | |
| Roteiro Circular de Lestrobe | |
| Tipo: Circular cun tramo lineal Distancia: 2,7 km. Tempo medio: 50min. Dificultade: Media - Baixa | Cota inicial: 37m. Cota máxima: 157m. Cota mínima: 36m. Diferenza de cota: 121m. Pendente máxima: 22% |
| | |
| Roteiro Circular do Alto da Paxareira | |
| Tipo: Circular Distancia: 4,3 km. Tempo medio: 1h 30min. Dificultade: Media | Cota inicial: 36m. Cota máxima: 146m. Cota mínima: 24m. Diferenza de cota: 122m. Pendente máxima: 20% |
| | |
Roteiro Literario Pensa Nao
Pensa Nao conta varias historias cun nexo común, a aldea de Sernanselle no Concello de Dodro.
A historia comeza no San Martiño de 1935, a pouco menos dun ano do comenzo do alzamento que desencadearía a Guerra Civil. O ambiente está tranquilo neste núcleo rural pero respírase a tensión, froito das friccións derivadas das interaccións dos seus habitantes. Cada un con cadanseu soño e con cadansúa ilusión. Cando as ilusións se confrontan, xorden os enfrontamentos que se van atenuando ata romper os límites. Os que están de acordo co actual estado das cousas empregan todas as súas enerxías para perpetuar esa situación. Namentres, os desconformes tratan de cambiar as, creando unha cooperativa moderna e aproveitando as potencialidades da zona. Sernanselle é o lugar da xénese da súa cooperativa e dos sucesos nos que en torno a ela transcorre esta historia e o sendeiro que vamos a percorrer por terras de Laíño.
Parroquias
Santa María de Dodro, parroquia que se localiza no leste do concello de Dodro, de extensión 7,20 quilómetros cadrados. As suas aldeas son sete: A Igrexa de Dodro, Dodriño, Lestrobe, Revixós, Susavila, Vigo e Cancela Abrea.
San Xián de Laíño, parroquia con unha superficie de 17,18 quilómetros cadrados. Localizase no centro do concello.Comprende as aldeas de A Igrexa, Eiró, Manselle, Paizal , Pexegueiro, Reboiras, Rial de Lagoa, Rialiño, Sar | Tallós, Tarrío, Traxeito e Muronovo
San Xoán de Laíño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello. Las aldeas son: A Devesa, Bexo, Bustelo, Castro, Imo e Teaio. A sua extensión é de 11,70 quilómetros cadrados. Esta parroquia formaba parte da de S. Xián pero os veciños quixeron separarse formando unha nova parroquia en 1763, en 1756 xa se construía a igrexa de S. Xoán.
Localización e superficie
LOCALIZACIÓN E SUPERFICIE
Sitúase no sur da provincia da Coruña.
-
Pertence a comarca do Sar, composta polos concellos de Padrón, Dodro e Rois.
-
Polo este limita con Rianxo, polo norte cos concellos de Rois e Lousame, no oeste esta o concello de Padrón e polo sur o río Ulla no lugar que se funde coa ría de Arousa, fronteira natural coa provincia de Pontevedra.
-
O concello divídese en tres parroquias: San Xoán de Laíño, San Xián de Laíño e Santa María de Dodro. Conta cunha poboación de 3029 hab no ano 2009.
-
Conta cunha superficie de 36.12 Km².
Festas
Festas de Dodro
- Festa do Carneiro. Último domingo de xuño.
- Festas de San Antonio en Teaio. 15 de xullo.
- Festas en Bexo: Virxes do Carme, de Belén e San Mauro. Venres e sábado seguintes ao 16 de xullo.
- Festas en Dodro (San Campio, San Roque e Santa Lucía) Dende o domingo ata o martes seguinte ó 15 de agosto.
- Festas de Lestrobe (Aflixidos) o último domingo de agosto e o luns e martes seguintes.
- Festas de Imo e Castro (San Roque e Virxe das Dores) o primeiro domingo de setembro e o luns seguinte.
- Festas patronais da Virxe do Leite. Domingo, luns e martes seguintes ao 8 de setembro.
- Festas de Manselle (Virxe das Dores) último domingo do mes de setembro.
- Festas de Tallós (San Antonio) Fin de semana máis próxima ao 17 de xaneiro.
- Romaría da Cruz do Abelán, a principios do mes de xuño. Celebrase ao lado do cruceiro.
Contido web
Distancias
Santiago: 30 Km.
A Coruña: 93 Km.
Pontevedra: 46 Km.
Vigo: 104 Km.
Ourense: 129 Km.
Lugo: 145 Km.
Como chegar
Dodro está moi ben comunicado.
Accesos:
Nacional 550.
AP-9 (Vigo-Coruña)
Autovía da Barbanza. (AG-11).
Aeroporto internacional de Santiago.
Estación de tren en Padrón e Pontecesures.
Liña regular de autobuses.

Comparte esta aplicación cos amigos.