Contido web
Préstamo persoal
É un dos servizos que ofrece a biblioteca . Para facer uso deste servizo é necesario estar en posesión do carné da BPM de Dodro
A obtención do carné, é gratuíto. Para solicitalo, debe dirixirse á biblioteca provisto do seu DNI ou pasaporte, 2 fotos e encher un impreso.
Con este carné pódese levar a casa 2 libros por un período máximo de 15 días, renovables ata duas veces. Non procederá a prórroga cando o libro de que se trate fose solicitado en reserva.
As reservas, fanse: de forma presencial, telefónicamente 981 80 24 72,
por correo electrónico: dodro@rbgalicia.org
O préstamo persoal como o resto dos servizos da biblioteca é gratuíto
Outros servizos
Consulta en sala
Acceso a internet
E, lembra que podes atopar moitos máis libros, consultando o catálogo da Biblioteca en: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/
