Actualidade en xuventude e familia Actualidade en xuventude e familia
Festival de baile de Salsa e Ritmos Latinos

O sabado 30 de xullo celebrouse no Polideportivo o I Festival de Salsa e Ritmos Latinos coa colaboración da escola de baile “El Tomasón”.

O Festival foi todo un éxito e o público puido ver bailar ós rapaces de Dodro en varias actuacións e a rapaces da escola de baile de Ribeira, así como ós profesores que deleitaron ós presentes cun espectacular baile.

Ó remate a tenente de alcalde Marisol Boga e a concelleira de xuventude e familia Maria Fernández entregaron ós rapaces un diploma de participación.

Os rapaces remataron a festa cunha merenda.

Recepción dunha nena saharauí no Concello de Dodro

O alcalde do Concello de Dodro, Valentín Alfonsín acompañado pola concelleira de Servizos Sociais e Igualdade María Soledad Boga Grela e a concelleira de Xuventude e Familia María del Carmen Fernández Chavéz déronlle a benvida no Concello a Monina Chej e á súa familia de acollida o pasado martes día 5 de xullo.

Monina é a única nena saharaui que residirá durante os dous meses de verán no Concello a través do programa “Vacacións en Paz”.

Pese á mala situación económica pola que atravesa o Concello, o Equipo de Goberno non quixo renunciar a esta actividade solidaria e cumpriu co convenio asinado coa asociación “Solidariedade galega co pobo saharaui” que permite traer a Monina a gozar do seu último verán en Galicia.

A nena recibiu un pequeno agasallo de benvida e comentou que de “Dodro lle gusta todo menos ter que ir ao médico”.

Axudas económicas para desempregados que esgotasen a prestación do Ministerio de Traballo

PROGRAMA DE RECUALIFICACIÓN PROFESIONAL (PREPARA)

OBXECTO:Axudas económicas para as persoas que esgoten a súa protección por desemprego.
BENEFICIARIOS/AS: Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego nos Servizos Públicos de Emprego que dende o 16/02/11 ata o 15/08/11 esgoten:

-a prestación por desemprego de nivel contributivo e non teñan dereito a calquera outro subsidio da S.S.
-algúns dos subsidios da S.S, incluídas as súas prórrogas.

REQUISITOS:Carecer a unidade familiar de rendas per cápita superiores en computo mensual ao 75% do SMI (excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias).

CONTÍA DA AXUDA E COMPATIBILIDADE: A contía mensual será de 339,34€, ata un máximo de 6 meses e serán compatibles con calquera outro tipo de rendas mínimas, salarios sociais ou axudas análogas de asistencia social sempre que a suma de ambas non supere, en concepto mensual, o importe do 75% do SMI (excluída a parte proporcional das 2 pagas extraordinarias).

LUGAR E PRAZO: SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO. Ata o 15 de agosto de 2011

PARA MÁIS INFORMACIÓN:

981554180 / 981570753
Estes teléfonos son das oficinas do INEM de Santiago (Rúa do Coto) que cubren a nosa zona.

Mostrando o intervalo 101 - 103 de 103 resultados.
Resultados por páxina 5
de 21