Actualidade en xuventude e familia Actualidade en xuventude e familia
X ANIVERSARIO DA ESCOLA INFANTIL DE DODRO

X Aniversario da Escola Infantil de Dodro o día 27 de maio!. Espéranvos a todos os que pasachedes alí os vosos primeiros anos e tamén a todos os que non a coñecedes. Podedes aproveitar para visitar as instalacións e coñecer aos profesionais que traballan cos nosos nenos. Haberá sorpresas!!

PROGRAMA MEDIOAMBIENTAL PARA MOZ@S

Programa de carácter medioambiental dentro do voluntariado.

TALLERES SOCIO OCUPACIONAIS E DE EMPREGO PARA MOZOS

Se tes entre 16 e 29 anos inscríbete no Sistema de Garantía Xuvenil e inscríbete nos Talleres Socio Ocupacionais da Asociación Deloa, a Escola de Organización Industrial e o Concello de Dodro para obter un contrato de traballo acorde ás túas competencias.

APERTURA DO PRAZO PARA SOLICITUDE DE PRAZAS NA ESCOLA INFANTIL

Maña día 25 abre o prazo para solicitude de praza na Escola Infantil para o curso 2016/2017. Os impresos poden recollelos na Escola Infantil "Galiña Azul" de Dodro en horario de 8:30 a 14h.

CLAUSURA DO CURSO DE COACHING PARA MOZ@S

O pasado sábado a Directora Xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acompañada do alcalde e da tenente de alcalde clausurou en Dodro o curso de coaching no que participaron 16 moz@s e que recibiron o diploma acreditativo.

O curso ofreceu aos mozos e mozas ferramentas dirixidas ás súas relacións interpersoais e ao aumento da súa capacidade de comunicación cara os demais, co obxecto de que adquiran fortalezas dirixidas a mellorar a súa empregabilidade e a conseguir as súas metas profesionais tal e como indicou a directora xeral.

Mostrando o intervalo 6 - 10 de 103 resultados.
Resultados por páxina 5
de 21