Actualidade en xuventude e familia Actualidade en xuventude e familia
Curso Voluntariado ambiental e patrimonio

CURSO VOLUNTARIADO AMBIENTAL E PATRIMONIO (EN LIÑA)

Informámosvos de que xa está aberto o prazo de inscrición do curso "VOLUNTARIADO AMBIENTAL E PATRIMONIO" en modalidade en liña, incluído dentro do Plan de Formación de Voluntariado 2012.

O curso realizarase a través da plataforma de teleformación de voluntariado galego www.voluntariadogalego.org.

Recorda que se xa eres alumno deste campus debes darte de alta
accedendo ao teu panel de alumno.

Se non recordas o teu usuario e contrasinal podes contactar con nós enviando un mail a voluntariado@xunta.es.
O prazo de inscrición estará aberto dende o 31 de xaneiro ata o 27 de febreiro ás 14.30 horas.

DESTINATARIOS:
Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia

Nº DE HORAS: 20

Nº DE PRAZAS: sen límite

CONTIDOS:
• Introdución e obxectivos do voluntariado ambiental
• Conceptos básicos ambientais
• Causas do deterioro do medio ambiente. ¿Cómo nos afecta? ¿Cal é o papel do voluntario?
• A sensibilización ambiental: motor de cambio
• Recursos e experiencias de voluntariado ambiental

MODALIDADE: en liña

LUGAR DE IMPARTICIÓN: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org

DATA DE REALIZACIÓN: do 01 ao 30 de marzo as 14:30 h.
Formulario de inscrición
Obradoiro de disfraces - febreiro 2012

Actividade gratuíta. Anímate e participa!:

Clases de Graduado en ESO nos concellos de Rois e Dodro

Por primeira vez prepárase conxuntamente ao alumnado de Rois e Dodro para a obtención do título de graduado en educación secundaria.

O alcalde do Concello de Rois e a tenente de alcalde do Concello de Dodro, inauguraron o comezo do curso que terá lugar no edificio multiúsos de Rois e que se vai estender ata o mes de setembro.

Con iniciativas coma esta, preténdese que o maior número de servizos poida chegar ao conxunto da poboación da comarca.

Cursos para xóvenes menores de trinta anos

Cursos gratuitos para xóvenes menores de trinta anos, inscritos como demandantes de emprego no SPE. Información no concello ou en Forem Galicia.

Encontro comarcal Iniciativa Xove 2.012

O próximo día 20 de xaneiro ás 20 h no Auditorio Municipal de Padrón celebraráse o Encontro Comarcal "Iniciativa Xove 2012". Acude se es menor de 30 anos ou pertences a unha asociación xuvenil. ¡En Dodro temos xuventude!.

Mostrando o intervalo 1 - 5 de 22 resultados.
Resultados por páxina 5
de 5