Actualidade en Obras e Medioambiente Actualidade en Obras e Medioambiente
Curso de manipulación de produtos fitosanitarios

A Área de Desenvolvemento Local organiza un curso de manipulador de produtos fitosanitarios.

Ábrese a preinscrición ata o día 19 de febreiro que se deberá formalizar na Casa de Cultura. Toda persoa interesada en realizalo deberá presentar os seguintes datos:

Nome

DNI

Telf. de contacto

Horario e lugar. Casa de Cultura (De  8 a 15 horas) ou ben chamando ao teléfono 981 80 24 72

Prazo: 19 de febreiro

Creación dun Roteiro Literario

Dende a Concellaría de Desenvolvemento Local estase a crear un roteiro literario baseado na novela Pensa Nao do escritor de Manselle Anxo Angueira. Este roteiro será de sendeirismo baseado nos lugares onde transcurre a novela, podendo revivir a historia dos protagonistas.

Ademáis, incluirá a rehabilitación do patrimonio ao longo de todo o percorrido, dandolle un triple valor, paisaxístico, patrimonial e novelístico que o fai de especial interese e co que pode atraer un maior número de visitantes ao noso concello, ao tempo que promociona a un dos mellores escritores galegos do momento, veciño do concello.

O concelleiro responsable, Guillermo González Baleirón, ten moita ilusión posta neste proxecto xa que mellora o patrimonio e o entorno das aldeas ao tempo que promociona unha actividade económica tan importante como é o turismo.

Mostrando o intervalo 6 - 7 de 7 resultados.
Resultados por páxina 5
de 2