Actualidade en Obras e Medioambiente Actualidade en Obras e Medioambiente
«Atrás

Leader, Programa 2007-2013

O Leader é un conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2007-2013 que se executa baixo metodoloxía LEADER (Ligazóns Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural). Esta metodoloxía vén sendo impulsada pola Unión Europea desde 1991 para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de xeito que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario  para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento.

Grupo Asociación de Desenvolvemento Local Deloa
Territorio elixible:

Concellos de: Padrón, Rois, Dodro, Rianxo, Boiro, Pobra do Caramiñal, Riveira, Porto do Son, Lousame, Outes, Noia e Muros.

Quén pode participar:
Os proxectos poderán ser promovidos por:

Persoas físicas

Persoas xurídicas de carácter privado: sociedades laborais, mercantís ou civís,  sociedades agrarias de transformación, cooperativas, asociacións e fundacións

Entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores

Comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 26 de outubro de 2009 ata o 1 de setembro de 2013

Os modelos normalizados para a presentación das axudas atópanse a disposición dos/as promotores nas oficinas do GDR (DELOA PADRÓN: Lugar de la Esclavitud, s/n   DELOA NOIA: Rúa Frei Lois Rodríguez, 9-baixo), e na web .www.deloa.es

Nun primeiro contacto o/a promotor describirá a idea de proxecto, na orde de identificar a axuda máis vantaxosa segundo as características do mesmo, e deste xeito confrontar se o programa Leader é o mais axeitado.

As Iniciativas deben encadrarse nalgunha das seguintes medidas:


A/ Aumento da competitividade do sector agrario e forestal
B/ Melloras medioambientais e do contorno rural
C/ Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida

Límites de axuda pública máxima:


Proxectos Produtivos

A porcentaxe máxima de axuda será do 45% do gasto subvencionable.

Importe máximo de axuda: o especificado no Réxime de Axudas.

  •  

Proxectos Non Produtivos

A porcentaxe máxima de axuda será de ata ó 100% do gasto subvencionable.

Importe máximo de axuda: o especificado no Réxime de Axudas.

GUÍA EN PDF COMPLETA*

Máis información: oficinas GDR e na web www.deloa.es

_____

*A guía está comprimida dentro dun arquivo .zip. Se necesita un programa para abrir o arquivo e acceder ao ficheiro da guía, recomendámoslle Peazip (descarga en http://peazip.sourceforge.net/)

Comentarios
URL de trackback: