Actualidade en Obras e Medioambiente Actualidade en Obras e Medioambiente
«Atrás

Curso de condución eficiente

A Concellaría de Desenvolvemento local de Dodro convoca un curso gratuíto de CONDUCIÓN EFICIENTE de vehículos turismo co fin de protexer o medio ambiente e de que, ademais, aplicando as técnicas de condución eficiente permitiranlle:
* Aforrar un 15% de combustible
* Aforrar en gastos de mantemento
* Reducir as emisións contaminantes

Obxectivos

Realizar un uso máis racional do vehículo e ofrecer un novo estilo de condución. Características do curso Dirixido a condutores interesados en aprender como conducir de xeito eficiente e económico. Teñen 2 horas de duración e ofrecen contidos teóricos e prácticos. As roldas de condución terán unha duración aproximada de 15 minutos por persoa e levaranse a cabo nun percorrido urbano, aproximadamente de 5 a 7 km , con elementos representativos da circulación na cidade. O curso contará con monitores expertos que explican as técnicas ao volante para aproveitar a eficiencia enerxética dos vehículos actuais. O alumno terá a posibilidade de comparar a influencia das técnicas de condución eficiente no consumo de combustible mediante unha proba práctica antes e logo da sesión teórica.

Inscrición

O único requisito é dispoñer de carné tipo B, ser condutor habitual. O día do curso terán que levar unha fotocopia do permiso de conducir.

Máis información e inscrición: 981 80 24 72
datas: venres 17 de setembro de 10:00-12:00 e de 12:00-14:00 horas
número de prazas: 8 por rigoroso orde de inscrición

Comentarios
URL de trackback: