Actualidade en Servizos Sociais e Igualdade Actualidade en Servizos Sociais e Igualdade
Xornadas de Formación sobre Coidados Paliativos en Enfermidade Neurodexenerativa Avanzada

mansHorario: de 18 a 21 h

Lugar: Salón de actos da Paxareira

Prazas limitadas

Toda a información está á vosa disposición na seguinte ligazón:

Triptico informativo

Acción formativa, Montaxe e Mantemento das Instalacións Solares Fotovoltaicas

xianaO Concello de Dodro vai ser a sede desta acción formativa. A Rede Xiana é un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Deputación da Coruña (máis información en www.redexiana.org) co obxectivo principal do fomento do emprego.

Aberto o prazo de inscrición: do 5 ao 30 de abril.
Ata o 30 de abril está aberto o prazo para inscribirse na acción formativa “Montaxe e Mantemento das Instalacións Solares Fotovoltaicas”, cunha duración de 529 horas (tempo estimado, cinco meses) e dirixida principalmente a persoas desempregadas.
A acción formativa inclúe unha fase de formación práctica que será desenvolvida en diversos centros de traballo relacionados coa materia que se vaia impartir en cada un deles.

Nota: os gastos por desprazamento ao centro onde se impartan as prácticas será por conta propia.

A formación impartida dende o proxecto denomínase formación profesional ocupacional, creada para potenciar a inserción e reinserción profesional. A alternativa que o proxecto ofrece é a impartición dun Curso de Apoio á Obtención do Certificado de Profesionalidade.

O proxecto pon a disposición de todas as persoas que participen no curso un Servizo de Asesoramento Laboral onde a Axente de Inserción Laboral prestará unha titorización individualizada e un seguimento persoalizado.

BOLSAS ECONÓMICAS
Importe de 369,07 € / mes compatibles coas axudas ao desemprego sempre que o sumatorio no superen o 75 % do IPREM

As persoas empadroadas no municipio teñen tamén a opción de solicitar a inscrición da acción formativa “Panadería e Bolería”, de 489 horas de duración, que se impartirá dentro do Proxecto Rede Xiana no concello de Rois.

MAIS INFO NO DOCUMENTO PDF

Axudas para persoas maiores, persoas con discapacidade e persoas en situación de dependencia

A Orde do 18 de marzo de 2010, da Consellería de Traballo e Benestar (Diario Oficial de Galicia nº64 do mércores 7 de abril do 2010) establece a convocatoria para o presente ano das axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e a accesibilidade.

BENEFICIARIAS/OS:
-persoas maiores de 65 anos  que acrediten a necesidade dunha axuda que non estea incluída no ámbito doutras liñas de protección social ou sanitaria
-persoas con discapacidade menores de 65 anos que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ó 33%
-persoas en situación de dependencia nos seguintes graos e niveis: GRAO III, niveis 1 e 2;    GRAO II, niveis 1 e 2
-persoas que teñan solicitado o recoñecemento da situación de dependencia con anterioridade á data de publicación desta orde, sempre que lle sexa recoñecida en calqueira dos graos e niveis anteriores

TIPOS DE AXUDAS:
para a adaptacións funcionais do fogar e supresión de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda
para a adquisición de próteses dentais e audífonos
para axudas técnicas

PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 7 de maio de 2010

INFORMACIÓN E TRÁMITE: CITA PREVIA
CONCELLARÍA DE IGUALDADE E BENESTAR TELÉFONO 981 802 466
Anexo: Cartel informativo

Aberto o prazo para a matrícula na Escola Infantil de Dodro

Ata o 15 de abril aquelas familias con pícaros entre os 0 e os 3 anos que queiran, poden solicitar praza na escola infantil de Dodro. As solicitudes e trámites entréganse na mesma escola, situada na Paxareira.

Documentación:

DOG núm. 39 do venres, 26 de febreiro de 2010
Anuncio do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Anuncio do 11 de febreiro de 2010 polo que se fai pública a resolución sobre o prazo de renovación, reserva de praza, preinscrición e matrícula de usuarios/as das escolas infantís para o curso 2010-2011.

RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE ANUNCIA O PRAZO DE RESERVA DE PRAZA, PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA DE USUARIOS/AS DAS ESCOLAS INFANTÍS

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A PREINSCRICIÓN NA ESCOLA INFANTIL

Curso de coidados integrais a persoas grandes dependentes

Curso de coidados
O curso, con prazas limitadas, realízase como complemento ao Curso de Formación de Coidadores de Enfermos de Alzheimer e ten como obxectivo proporcionarlle aos asistentes unhas referencias básicas sobre os coidados de enfermería que dirixen aos seus enfermos, de xeito que lles permitan dar uns coidados de máis calidade, con menos esforzo, buscando o equilibrio na súa vida cotiá.

Este curso conta coa participación de AGADEA (Asociación Galega para axuda dos enfermos con demencia tipo Alzheimer) e co financiamento da Deputación da Coruña.

Mostrando o intervalo 451 - 455 de 477 resultados.
Resultados por páxina 5
de 96