Actualidade en Servizos Sociais e Igualdade Actualidade en Servizos Sociais e Igualdade
XUNTOS POLO NADAL

Para as persoas maiores que se atopen soas polo Nadal poden pasalo en compañía na residencia de tempo libre de Panxón do 23 de decembro ao 7 de xaneiro. É gratuíto agás aquelas persoas cuns ingresos superiores ao IPREM (537,84€) que nese caso terán que aboar 50€.

Prazo de inscrición ata o 17 de novembro.

Información no departamento de servizos sociais.

GRAVAMOS UN FLASHMOB

O vindeiro sábado 4 de novembro todas aquelas persoas que queiran participar no Flashmob deberán estar ás 10,30 horas no concello para unha breve reunión e un ensaio antes da gravación.

FLASHMOB!!!

 Coa colaboración de todas imos a grabar un vídeo moi divertido!! Precisamos a colaboración de todas as veciñas de Dodro para pasar poder levalo a cabo!! Anímate e participa!! Apúntate no departamento de servizos sociais!!

FIN DE SEMANA DE MULLERES 2017

Chrega a Fin de Semana de Mulleres deste ano!!

Será o 7 e 8 de outubro en Baiona!! Haberá charlas e mesas redondas, xornadas de ocio e visitas guiadas e velada con noite de risas! Non faltes!!

FESTA DAS PERSOAS MAIORES 2017

Este domingo día 30 celébrase a XVIII Festa das Persoas Maiores no noso concello. O programa comezará ás 13 horas cunha misa e rematará sobre as 19:30h cun baile no hotel Scala. Haberá servizo de autobuses.

Mostrando o intervalo 6 - 10 de 452 resultados.
Resultados por páxina 5
de 91