Celebrouse onte na Praza do Concello o I Concurso de pasteis, doces e biscoitos do concello con gran expectación dos asistentes.
O xurado compoñíano Nato Castro de Pastelería Tena de Lestrobe, Antonio Castaño de Panadería Castaño do Muronovo e as veciñas Sara de Manselle, Anuncia de Lestrobe e Magdalena de Imo.
Os participantes entregaron os doces entre as 17h e 19h da tarde do mesmo día co seu nome escrito nun sobre pechado. A cada un otorgouselle un número e o sobre co nome colocouse debaixo do doce, polo que o xurado en ningún momento era coñecedor do propietario.
Despois da deliberación o xurado xunto coa concelleira de servizos sociais e igualdade entregaron os tres primeiros premios ás gañadoras que foron:
1º Premio: Pastel nº 6 presentado por Ramona Romero Rey
2º Premio: Pastel nº 10 presentado por Luisa Romero Castroagudin
3º Premio: Pastel nº 4 presentado por Dolores Calvo Abuin
As tres premiadas recibiron un kit de repostería.
Ó finalizar todos os asistentes puideron degustar os doces e pasteis presentados ó concurso.





