O Concello de Dodro organiza o IX Día da Bicicleta. Este está previsto para o día 1 de xuño pola mañá. A saída da ruta que se realizará en grupo está prevista para as 11:00 horas. A inscrición realizarase a partir das 10:00 horas no Pavillón Municipal.
Entregarase unha camiseta conmemorativa a todos os participantes e sortearanse distintos premios. Ademáis haberá trofeo para o participante máis novo, para o de máis idade, e para a bicicleta máis orixinal. Para os máis pequenos haberá unha xincana na explanada do Pavillón a partir das 10:30 horas.
Para máis información acudir ó Departamento de Deportes ou chamar ó 981.802.532
