Actualidade en Deportes Actualidade en Deportes
CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN 2018 DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña pon en marcha os Campamentos Deportivos de Verán 2018.
A inscrición será entre o 4 e o 13 de xuño no Departamento de Deportes

RUTA "AS BRAÑAS DE LAÍÑO" PROGRAMA GOZA DO ULLA

O vindeiro sábado 9 de xuño celebrarase a ruta "As Brañas de Laíño" encadrada no Programa Goza do Ulla 2018.
A saída farase dende o Pazo de Lestrobe ás 10.00 horas.
Os interesados en inscribrise poderán facelo no Departamento de Deportes ata o 7 de xuño.

Teléfono 981.802.532 / deportes@concellodedodro.org 

XIV DÍA DA BICICLETA

O vindeiro sábado 2 de xuño celerarase a XIV edicicón do Día da Bicicleta de Dodro. A inscrición comezará ás 10.00 horas e a saída da ruta farase a partir das 11.00 horas. O circuito a percorrer ten un total de 14 km e estará dividido en 2 aneis, un primeiro de 4 km para os menores de 7 anos e un segundo de 10 km para os maiores de 7 anos( incluídos ). 

É obrigatorio o uso de casco para poder formar parte da ruta.

SENDEIRISMO 2018 "RUTA DOS ENCOMENDEIROS"

Dende a Concellería de Deportes anúnciase a 3ª ruta do programa de "Sendeirismo 2018". En esta ocasión desprazarémonos ás Fragas do Eume para realizar a "Ruta dos Encomendeiros". A inscrición será no Departamento de Deportes entre o 30 de abril e o 9 de maio. Haberá 52 prazas que se cubrirán por riguroso orde de inscrición.

RUTA SENDEIRISMO DA PEDRA E DA AUGA PR-G 170

A Concellería de Deportes anuncia a segunda ruta do programa de "Sendeirismo 2018". Será a ruta da "Pedra e da Auga PR-G 170". Está prevista para o 14 de abril e os interesados poderán inscribirse entre o 3 e o 11 abril. 

Mostrando o intervalo 6 - 10 de 232 resultados.
Resultados por páxina 5
de 47