Actualidade en Deportes Actualidade en Deportes
«Atrás

II LIGA DE FÚTBOL SALA TERRAS DE IRIA

Os concellos de Dodro, Padrón e Rois, unidos na Comunidade Intermunicipal Terras de Iria organizan a segunda edición da Liga de Fútbol Sala Terras de Iria.

Na pasada edición reuníronse 17 equipos que xogaron nos pavillóns de Dodro, Escravitude e Rois. Nesta ocasión hai unha modificación xa que en sustitución da pista da Escravitude vaise a utilizar a do Pavillón do Souto de Padrón.

A cota de inscrición é de 160 € que se ingresarán unha vez confirmada a praza e na conta que se facilite nos puntos de inscrición. Estes son os Departamentos de Deportes dos tres concellos e tamén mediante o correo terrasdeiriafs@gmail.com

Pódese descargar a ficha de inscrición pinchando aqui.

Comentarios
URL de trackback: