Actualidade en Deportes Actualidade en Deportes
UXIO ABUÍN NO FAST TRIATHLON DE BUZIOS

O triatleta de Dodro Uxío Abuín logrou, formando parte do combinado nacional español, a medalla de prata no Fast Triathlon disputado este fin de semana ( 11 e 12 de febreiro ) na localidade brasileña de Buzios, na rexión dos Lagos de Rio de Xaneiro. Por unha diferencia de só un punto, o equipo español cedeu ante o empuxe da armada local, a brasileña, que logrou facerse co título por quinta vez consecutiva.

Os cariocas Mauro Cavanha, Wesley Matos e Danilo Pimentel sumaron un total de 111 puntos, por diante dos 110 conseguidos polos españois Ricardo Hernández, Uxío Abuín e Fernando Alarza. O terceiro caixón ocupouno o equipo de Gran Bretaña.

Uxío Abuín segue moi firme na súa progresión como triatleta, e segue alcanzando títulos.

NUTRICIONISTA-DIETISTA

Para a promoción de hábitos saudables e a prevención de transtornos da alimentación:

2º Trimestre Escolas Deportivas Municipais

As actividades comezarán o luns 9 de xaneiro de 2012. Información no departamento de deportes ou no teléfono 981802532

I Mundialito de Fútbol Sala por aldeas do Concello de Dodro

Terá lugar no Pavillón Municipal e haberá dúas categorías. A inscrición formalizarase nas fichas que se poden recoller no departamento de Deportes.

III Xornada benéfica deportiva

A III Xornada Benéfica Deportiva do Concello de Dodro celebraráse o 17 de decembro no Pavillón Polideportivo Municipal. As actividades comezarán ás 16 h. Inscricións no Departamento de Deportes ou chamando o teléfono 981 802 532.

Mostrando o intervalo 1 - 5 de 40 resultados.
Resultados por páxina 5
de 8