Actualidade en Cultura, Voluntariado e Asociacionismo Actualidade en Cultura, Voluntariado e Asociacionismo
O Circo en Dodro

Tal e como estaba previsto, onte o circo visitou o Concello de Dodro.

Á función, organizada pola Concellaria de Cultura que dirixe o nacionalista Anxo Franco, asistiron preto de 300 persoas. Malabaristas, paiasos, e todas as actuacións do circo foron as delicias dos máis pequenos. O circo formaba parte da programación cultural para o mes de maio, adicado ás Letras Galegas.

A vindeira actividade será este venres ás 18:00, cunha conferencia sobre Ramón Piñeiro a cargo de Marina Mayoral na Casa da Cultura. O domingo, día 17 de maio, haberá unha exposición de debuxos feitos polos nenos e nenas das escolas unitarias do concello, así como un contacontos e un acto de celebración das Letras Galegas. Celebraráse no Salón de Actos da Paxareira.

Ademáis, todos os sábados do mes de maio, de 11:00 a 13:30 h. na Casa da Cultura se imparte polo escritor Gustavo Pernas un obradoiro de redacción de textos teatrais.

Obradoiro de Narrativa

A Concellaria de Cultura e Patrimonio, que dirixe o tenente de alcalde e voceiro do BNG, Anxo Franco, ten programado para mañá venres ás 19:30 h. un obradoiro de narrativa.

Impartirá o curso o escritor Xabier Alcalá, autor de obras tan relevantes da literatura galega coma “A nosa cinza”. Anxo Franco explica que este obradoiro é realmente moi interesante para todas aquelas persoas ás que lle gusta escribir, xa que teremos con nós a un dos máis importantes escritores en lingua galega, que nos dará consellos sobre cómo redactar relatos, contos ou mesmo novelas.

Este obradoiro forma parte dunha interesante programación cultural do primeiro semestre do ano, no que se pretende facer fincapé na recopilación, difusión e fomento do patrimonio inmaterial do Concello: cantigas, historias, lendas, mitos, contos de tradición oral, etc, así coma na literatura galega: xa se desenvolveu un obradoiro de contacontos, vaise desenvolver outro obradoiro de redacción de textos teatrais e este obradoiro de narrativa conforman un programa moi completo no que ao fomento de xéneros literarios se refire.. O obradoiro de narrativa está incluido na programación de Letras Vivas, da Consellaria de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia.

Obradoiro de Contacontos

A Concellaria de Cultura e Patrimonio do Concello de Dodro, que dirixe o tenente alcalde Anxo Franco, organiza un obradoiro de contacontos en Dodro. O obradoiro realizaráse os sábados, de 19 a 21 h. na Casa da Cultura, comezando este vindeiro sábado.

Impartiráo Charo Pita, contacontos que xa encandilou ao público de Dodro o ano pasado. O nacionalista Anxo Franco explica que poden apuntarse neste obradoiro persoas maiores de 16 anos, ainda que se dirixe, ademáis de a todas as persoas interesedas no conto de tradición oral, tamén fundamentalmente ás nais, pais, avós e avoas, así coma a coidadoras, mestres, etc., que polas súas características familiares ou profesionais están en contacto directo con nenos e nenas ás que poder contarlles contos.

Este obradoiro forma parte dunha interesante programación cultural do primeiro semestre do ano, no que se pretende facer fincapé na recopilación, difusión e fomento do patrimonio inmaterial do Concello: cantigas, historias, lendas, mitos, contos de tradición oral, etc. O obradoiro de contacontos está incluido na programación de Letras Vivas, da Consellaria de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia.

Festa de Entroido 2009

A Concellaria de Cultura do Concello de Dodro, que dirixe o nacionalista Anxo Franco, organizou por segundo ano consecutivo o Entroido. Nesta ocasión participaron da festa máis de 150 persoas, estando disfrazadas aproximadamente a metade. A celebración do Entroido fíxose no Salón de Actos da Paxareira, cedido pola CMVMC Balouta e Fontecova. A festa contou con música típica destas datas que invitaba a todos os que se achegaban ata alí a bailar e desfrutar da xornada. Os máis novos foron os que máis se animaron, regalándonos algúns bailes no escenario.

Desde as 18:15 levouse a cabo para todos os interesados dous obradoiros, un de máscaras e outro de maquillaxe, este último moi demandado por moitos participantes que viñan disfrazados pero sen maquillar.

Houbo un stand no que se daban refrescos de balde a todos os asistentes. Ás 19:00 h. comezaron os desfiles de disfraces individuais distribuidos en tres categorías:

  • de 0 a 7 anos na que se incribiron 25 persoas, resultando gañadora Alejandra Reboiras González có disfraz de “Carrusel” e á que se premiou cun agasallo e un vale de 20€ para canxear nunha libraría.
  • de 8 a 15 anos na que se inscribiron 15 persoas, resultando gañadora Fabiola Cordo Rubio polo seu disfraz de “Bebé” e que obtivo como premio un agasallo e un vale de 50€ para canxear nunha libraría.
  • na categoría de 16 anos en diante inscribironse 7 persoas, resultando gañador Juan Carlos Blanco Moreira polo seu disfraz de “Anxo do amor” e levando como premio unha cesta de entroido.

Tamén se lle repartiu a todos os participantes menores de idade unha bolsa de gorxonadas para que ninguén quedase sen premio.

Na categoría de comparsas houbo dous premios, unha para a comparsa composta por menores de idade na que resultou gañadora a “Comparsa de representantes do Centro de Día” e outra para os participantes maiores de idade na que se premiou a “Comparsa de paiasos”, ambas premiadas con cadansúa Cesta de entroido.

Otorgouse un premio cuxo regalo foron 8 kg. de polbo á comparsa máis numerosa co nome de “Coyote Dance”.

Para os premios contouse con donativos de moitas empresas do concello e arredores. Este ano, como novidade, levouse a cabo o I Concurso de Doces de Entroido na que participaron 9 receitas e na que gañou Otilia Cespón Pérez pola súa presentación de filloas.

Ás 20:15 h., e para rematar a festa, repartiuse de balde a todos os asistentes chocolate con churros. O Tenente de Alcalde e responsable da organización da festa, Anxo Franco, valora este segundo ano de organización do Entroido en Dodro moi positivamente, xa que mellorouse a participación da xente, melloráronse tamén os premios a repartir, incorporouse o Concurso de doces de entroido e, en xeral, mellorouse a organización do evento. Preténdese mellorar cada ano na organización dunha festa tradicional, coma o Entroido, que, sen embargo, nunha tivera apoio do Concello até a entrada deste novo goberno.

EntroidoEntroidoEntroidoEntroido

Mostrando o intervalo 306 - 309 de 309 resultados.
Resultados por páxina 5
de 62