Actualidade en Cultura, Voluntariado e Asociacionismo Actualidade en Cultura, Voluntariado e Asociacionismo
INICIO DOS SERÁNS DE TRABALLOS ARTESANAIS E LABORES CON FÍOS 2017/2018

Onte dia 6 de novembro iniciouse na Casa da Cultura de Dodro, unha nova edición do curso SERÁNS DE TRABALLOS ARTESANAIS E LABORES CON FÍOS. Unha nova edición que conta con novas incorporacións, ademáis das alumnas habituais. Unha actividade que se desenvolverá tódolos luns de 19:00 a 21:00 h na Casa da Cultura ata o día 9 de xullo de 2018.

Noraboa a todas porparticipar un curso máis!

MAGOSTO NO CONCELLO DE DODRO

SAMAÍN

Maña martes 31 ás 18h celebramos o Samaín con "Contos de medo que deixan durmir" con Caxoto Contacontos.

Esperámovos na Casa da Cultura.

SAMAÍN CULTURAL

Celebramos o Samaín cultural con obradoiros creativos na Casa da Cultura para nenas/os de 5 a 12 anos.

Hoxe de 17 a 19h e martes de 17 a 18h. Achégate!

BASES CONCURSO FOTOGRÁFICO EN INSTAGRAM #unveranendodroIII

BASES LEGAIS DO CONCURSO FOTOGRÁFICO NA REDE SOCIAL “INSTAGRAM” #unveranendodroIII

 

  1. ORGANIZACIÓN E OBXECTIVOS

 

O Concello de Dodro, como titular da presente promoción, a través da Concellería de Cultura, Voluntariado e Asociacionismo, organiza o concurso fotográfico a través da rede social “Instagram”, “#unveranendodroIII”.

 

O seu obxecto é incentivar a participación dos ususarios e usuarias nos distintos actos festivos e de ocio que se desenvolven no municipio durante o verán 2017, ademais de dar a coñecer o patrimonio, tanto físico como cultural, do mesmo.

 

  1. CARÁCTER DA PROMOCIÓN E PERSOAS PARTICIPANTES

 

Poderá participar neste concurso calquera persoa física maior de 13 anos (dacordo coas condicións da rede) que sexa usuaria da aplicación móbil “Instagram”, e que durante o período de validez da presente campaña participe na acción segundo se propón nos termos descritos nestas bases.

 

A participación nesta promoción é gratuíta.

 

Instagram é unha rede social móbil de fotografía que pode descargarse de xeito gratuíto de internet, a través da cal os usuarios e usuarias poden inmortalizar momentos e persoalizalos, mentres os comparten cos seus seguidores dende o seu propio teléfono.

 

Instagram non patrocina, nin avala, nin administra de xeito algún esta promoción, nin está asociado á mesma.

 

As presentes bases estarán dispoñibles para os concursantes nunha ubicación específica creada a tal efecto, albergada na páxina web do Concello: www.concellodedodro.org, ademáis de en todos os perfís en redes sociais cos que conta a entidade, que son:

 

 

  1. ÁMBITO TERRITORIAL DO CONCURSO

 

A actual convocatoria do concurso estará en vigor ata o 31 de agosto de 2017, dándose a coñecer o gañador ou gañadora o día 4 de setembro de 2017, a través da páxina web do Concello e de todos os perfís do mesmo en redes sociais. Ademais, o Concello de Dodro deixará un comentario na fotografía gañadora indicando que se alzou co premio á mellor fotografía.

 

A entrega do premio realizarase nun día a concertar entre o Concello e a persoa que resulte gañadora do concurso, nas dependencias municipais.

 

  1. DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO

 

A participación no concurso é gratuíta e non require inscrición, quedando supeditada a que o/a participante teña unha conta en Instagram e que respecte as condicións desta rede (http://instagram.com/legal/terms). Non poderán participar no concurso aquelas persoas que formen parte do xurado, nin tampouco aquelas persoas que participasen directa ou indirectamente na organización do concurso.

 

Para participar bastará con cumprir os requisitos citados anteriormente, ademáis de:

  • Facer unha foto de calquera tema dentro do municipio do concello de Dodro e subila á rede social Instagram, usando filtros, retoques, etc, se así se considera axeitado.

  • Etiquetar a imaxe co cancelo #unveranendodroIII, e nomear a conta de Instagram do Concello, @concello_de_dodro, para facilitar o acceso ás fotografías.

  • Engadir a ubicación onde foi tomada a imaxe para coñecer o lugar exacto e comprobar que efectivamente a imaxe foi tomada dentro do concello.

 

Aquelas persoas que non cumpran con estes requisitos ou o fagan de forma errónea, non poderán optar ao premio na presente promoción. Só se aceptarán imaxes publicadas dende Instagram, que fosen etiquetadas correctamente co cancelo #unveranendodroII e ubicadas de xeito correcto.

 

Os participantes poderán subir tantas fotos como desexen, aínda que non se terá en conta a cantidade das mesmas, senon a calidade de cada unha delas, de xeito individual. O feito de que as imaxes acumulen moitos “me gusta” ou comentarios non terá carácter vinculante coa decisión do xurado, nin tampouco o número de seguidores que o concursante teña no perfil.

 

O xurado do concurso estará composto por tres persoas designadas polo Concello de Dodro, vencelladas tanto ao mundo da fotografia como ao propio concello no ámbito patrimonial e cultural.

 

Os compoñentes do xurado terán en conta principalmente a calidade, creatividade, orixinalidade, execución artística, etc.

 

O xurado resérvase o dereito de declarar deserto o premio, se considera que as imaxes participantes non reúnen a calidade suficiente.

 

A temática das fotografías é libre, sempre e cando sexan tomadas dentro do territorio do concello de dodro.

 

  1. PREMIO

 

Establécense dous premios, un ao gañador/ra do concurso e outro ao segundo/a clasificado/a:

 

  • Primeiro pemio: unha cámara fotográfica GoPro.

  • Segundo Premio: tres entradas para o Festival da Luz en Boimorto.

     

  1. CONDICIÓNS DO CONTIDO DAS IMAXES E TEXTOS

 

As imaxes e textos deben ser orixinais, da autoría do participante a efectos de dereitos de propiedade intelectual, e non deberán infrinxir dereitos de terceiros. O concursante será o único responsable de obter cantos permisos sexan necesarios para non vulnerar ningún dereito de terceiros.

 

Serán excluídos da promoción todas as imaxes das que a persoa participante non sexa autora, lesionen dereitos de terceiros, ou cuxo contido sexa abusivo, obsceno, vulgar, violento, racista, sexista, ameazante, contrario ás boas costumes, vulnere algún dereito fundamental da persoa, incumpra dereiros de terceiros ou calquera disposición legal en vigor.

 

 

  1. PROTECCIÓN DE DATOS E PROPIEDADE INTELECTUAL

 

Os datos dos participantes serán incorporados nun ficheiro de titularidade municipal, e trataranse de acordo coa Lei Orgánica de Protección de Datos 15/1999 do 13 de decembro.

 

Os concursantes cederán gratuitamente ao Concello de Dodro calquera tipo de dereitos que podan corresponderlle respecto das imaxes presentadas e, en especial, de todos os dereitos da propiedade intelectual de carácter patrimonial, así como os dereitos de distribución, comunicación pública, reprodución, divulgación e posta a disposición do público, así como o dereito de transformación, incluídas as redes de comunicación e internet.

 

  1. CONTACTO

 

Para calquera dúbida, cuestión ou aclaración relacionada co concurso, os participantes poden dirixirse ao correo electrónico info@concellodedodro.org ou ben no teléfono 981802062.

 

Mostrando o intervalo 6 - 10 de 311 resultados.
Resultados por páxina 5
de 63