Actualidade na alcaldía Actualidade na alcaldía
ALERTA LARANXA POR VENTO

Ao longo do día de hoxe prolongándose ata a tarde/noite alerta laranxa por vento.

DODRO INFORMA

O Concello de Dodro pon en marcha dende hoxe un novo servizo de información coa aplicación "Dodro Informa". Con ela os veciños recibirán rápida e puntualmente toda a información do concello nos seus teléfonos móviles e tablets.

Si eres usuario de Android: descarga no teu teléfono móvil a aplicación "Dodro Informa".
Se eres usuario de iOS: descarga a aplicación "Bandomovil". Unha vez descargada selecciona o Concello de Dodro.

LEMBRA ACTIVAR AS NOTIFICACIÓNS!

Toda a info do teu concello SÓ A UN CLICK!!

PRESENTACIÓN PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO TERRAS DE IRIA IV

Presentación do Programa Integrado de Emprego Terras de Iria IV

Hoxe tivo lugar a Xornada de Presentación do Programa Integrado de Emprego Terras de  Iria IV  no Auditorio do concello de Padrón, ó cal asistiron os participantes do Programa xunto cos alcaldes de Dodro, Rois e Padrón: D. Valentín Alfonsín Somoza, D. Ramón Tojo, D. Antonio  Fernández e o delegado terrritorial da xunta na provincia da Coruña, D. Ovidio Rodeiro Tato, os cales resaltaron o seu compromiso co emprego e a aposta pola inserción laboral.

O programa centrase nos sectores que ofrecen maior empregabilidade na Comarca do Sar e os seus arredores, sendo éstes: o metal, comercio, conserva e coiro; os cales constiúen o núcleo principal da formación.

O Programa Integrado Terras de Iria IV ten por obxetivo mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral das oitenta e cinco persoas participantes e está dirixido principalmente a menores de trinta anos, menores de trinta anos sin cualificación,  perceptores de prestación, maiores de 45 anos e parados de longa duración." 

CALENDARIO 2.018

Xa se pode recoller o calendario 2018 na Casa do Concello e nos departamentos de servizos sociais, cultura e deportes.

FELICES FESTAS!

Mostrando o intervalo 6 - 10 de 130 resultados.
Resultados por páxina 5
de 26