Actualidade na alcaldía Actualidade na alcaldía
«Atrás

PRESENTACIÓN PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO TERRAS DE IRIA IV

Presentación do Programa Integrado de Emprego Terras de Iria IV

Hoxe tivo lugar a Xornada de Presentación do Programa Integrado de Emprego Terras de  Iria IV  no Auditorio do concello de Padrón, ó cal asistiron os participantes do Programa xunto cos alcaldes de Dodro, Rois e Padrón: D. Valentín Alfonsín Somoza, D. Ramón Tojo, D. Antonio  Fernández e o delegado terrritorial da xunta na provincia da Coruña, D. Ovidio Rodeiro Tato, os cales resaltaron o seu compromiso co emprego e a aposta pola inserción laboral.

O programa centrase nos sectores que ofrecen maior empregabilidade na Comarca do Sar e os seus arredores, sendo éstes: o metal, comercio, conserva e coiro; os cales constiúen o núcleo principal da formación.

O Programa Integrado Terras de Iria IV ten por obxetivo mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral das oitenta e cinco persoas participantes e está dirixido principalmente a menores de trinta anos, menores de trinta anos sin cualificación,  perceptores de prestación, maiores de 45 anos e parados de longa duración." 

Comentarios
URL de trackback: